"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

Saída didáctica o 13 de abril a APÍPOLIS

            Inmersos xa neste tercer trimestre no proxecto “As abellas”, os nenos e nenas do CRA visitamos Apípolis, unha finca ubicada en Pontevedra que naceu co obxectivo de que os cativos e cativas coñecesen en profundidade e de primeira man o mundo da apicultura.

            Resultou sen dúbida unha xornada diferente, divertida e proveitosa. Aínda que o tempo non nos acompañou, desfrutamos xuntos dun día no que, dende o primeiro intre, non paramos de traballar e aprender.

            Un equipo de monitores fantásticos tiña organizado unha morea de actividades, así que despois de agruparnos en pequenos equipos nos que estabamos mesturados, nos despuxemos a descubrir o universo das abellas.

            Fixemos unha visita guiada pola finca e descubrimos que había pequenos talleres onde realizar distintas actividades nas que tivemos que escoitar, investigar, experimentar a través de charlas explicativas, manualidades, cociñar galletas, elaborar velas coa cera que producen as abellas, visitar un enxame de abellas, visitar unha zona formativa onde en diferentes espazos íamos descubrindo a importante labor deste insecto no equilibrio da natureza.

            Mergullados na finca como auténticos apicultores, quedamos entusiasmados coa información que íamos descubrindo de xeito práctico sendo protagonistas e chegando a tódolos rincóns.

            Saír pola mañá, xogar e descubrir todas as actividades, xantar cos profes e cos nosos  compañeiros e compañeiras desfrutando ata o último intre, fixeron que Apípolis se posicione como unha das nosas saídas didácticas favoritas.

 

 

 

 

 

 

Back to top