"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

GOLFO ENVIOUNOS UNHA CARTA PARA O NOVO PROXECTO

Para dar comezo ó proxecto de FRIDA KAHLO, na biblioteca do centro o carteiro deixou por equivocación un paquete que contiña: unha diadema de flores, unha bandeira e un gorro mexicano, umha paleta de pintor con pinceis e unha foto de Frida Kahlo.

Golfo, a mascota da biblioteca, escribiulles unha carta ós nenos/as pedíndolles axuda para investigar coas súas familias de quen podía ser o paquete. Desta maneira introducimos ó alumnado no apaixoante mundo da arte a través da pintora Frida Kahlo.

Back to top