"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

A QUEN NON LLE DAN MEDO OS MOSNTROS?

Pois Max foi capaz de enfeitizalos co seu truco máxico de fitar para os ollos sen pestanexar.

Max é o protagonista do álbum ilustrado: Onde viven os monstros.

Esta foi unha obra adiantada a súa época. En 1963, cando se publicou, tivo un gran impacto.  Nun tempo no que na literatura infantil predominaban as boas intencións e as leccións morais, romper coa imaxe inocente e feliz da nenez e mostrar unha nai perdendo os papeis co seu fillo foi unha tarefa tan subversiva que só un autor como Sendak, tan salvaxe como as súas obras, se atreveu a realizar.

Decía Maurice Sendak:

“(…)Ignoramos  o feito de que dende a mais tenrra idade os nenos conviven con emocións perturbadoras, que o medo e a ansiedade son parte intrínseca das súas vidas (…). E é  a través da fantasía que os nenos alcanzan a catarsis. E a mellor forma que teñen de domar as cousas salvaxes.”

O primeiro paso para gañar os monstros é recoñecer a súa existencia. E a aventura non é, di Sendak, tan terrible, nin tan solitaria como pode parecer. Ao final, sempre nos espera unha cunca de sopa fumegante  e a seguridade da casa.

Durante o mes de novembro estivemos lendo e facendo actividades arredor deste álbum ilustrado.

Na aula de Ribadetea os nenos e nenas xogaron a fitar en parellas un para o outro para ver quen aguanta máis sen pestanexar:

 

Tamén fixeron mocos de monstro coa receta da profe Paula:

 

E soprando pintura conseguiron facer monstros:

Back to top