"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

blogue deBabi

PRIMEIRAS RESPOSTAS AS DÚBIDAS DE GOLFO

As golfobolsas van pasando de aula en aula e algúns xa atoparon varias das respostas as dúbidas que Golfo nos plantexou na carta que acompañaba a golfobolsa.

Os pequenos investigadores e investigadoras da aula de Areas  foron os primeiros en atopar as respostas as dúbidas de Golfo. Non é de extrañar! Ata fixeron un recuncho no taboleiro das “Cousas de Golfo” onde anotaron as dúbidas que él tiña:

 

Estes pequenos e pequenas investigadores mandáronlle unha carta coas respostas e él mandoulles un agasallo en agradecemento:

A QUEN NON LLE DAN MEDO OS MOSNTROS?

Pois Max foi capaz de enfeitizalos co seu truco máxico de fitar para os ollos sen pestanexar.

Max é o protagonista do álbum ilustrado: Onde viven os monstros.

Esta foi unha obra adiantada a súa época. En 1963, cando se publicou, tivo un gran impacto.  Nun tempo no que na literatura infantil predominaban as boas intencións e as leccións morais, romper coa imaxe inocente e feliz da nenez e mostrar unha nai perdendo os papeis co seu fillo foi unha tarefa tan subversiva que só un autor como Sendak, tan salvaxe como as súas obras, se atreveu a realizar.

Decía Maurice Sendak:

“(…)Ignoramos  o feito de que dende a mais tenrra idade os nenos conviven con emocións perturbadoras, que o medo e a ansiedade son parte intrínseca das súas vidas (…). E é  a través da fantasía que os nenos alcanzan a catarsis. E a mellor forma que teñen de domar as cousas salvaxes.”

O primeiro paso para gañar os monstros é recoñecer a súa existencia. E a aventura non é, di Sendak, tan terrible, nin tan solitaria como pode parecer. Ao final, sempre nos espera unha cunca de sopa fumegante  e a seguridade da casa.

Durante o mes de novembro estivemos lendo e facendo actividades arredor deste álbum ilustrado.

Na aula de Ribadetea os nenos e nenas xogaron a fitar en parellas un para o outro para ver quen aguanta máis sen pestanexar:

 

Tamén fixeron mocos de monstro coa receta da profe Paula:

 

E soprando pintura conseguiron facer monstros:

CHEGA UNHA "GOLFOBOLSA" A NOSA AULA

O xoves 13 de outubro chegou a cada aula do C.R.A. A Picaraña unha “golfobolsa”.

A golfobolsa é unha bolsa que Golfo fixo co debuxo que nos pedíu que decorásemos del. Dentro mándanos libros que serven para aprender cousas do corpo, porqué anda moi intrigado con este tema. Tamén nos mandou algunhas das dúbidas que ten. Aos que lle axuden a resolvelas tenlles preparados uns agasallos.

 Esta é a golfobolsa da aula de Areas:

 

 Esta é a golfobolsa da aula de Parada:

 Esta é a golfobolsa da aula de Pías:

 Esta é a golfobolsa da aula de San Mateo:

 Esta é a golfobolsa da aula de Moreira:

 Esta é a golfobolsa da aula de Ribadetea:

 Esta é a golfobolsa da aula de Portela A:

 Esta é a golfobolsa da aula de Portela B:

A PRIMEIRA CARTA DE GOLFO

Comezamos este curso 2016-2017 recibindo unha carta de Golfo na que nos avisa de que temos no ordenador da aula o conto que lle fixemos entre todos o curso pasado, para que os nenos e as nenas de 3 anos poidan coñecelo e os de 4 e 5 anos poidamos recordalo.

 

Tamén nos mandou un debuxo del e pídenos  na carta que llo decoremos e noutro folio que deixemos reflexado de que aula somos.

E así o fixeron os nenos e nenas de Ribadetea:

E así o fixeron os nenos e nenas de Portela A:

E así o fixeron en Areas:

E os nenos e nenas de Portela B posan así cos seus debuxos antes de reenviarllos a Golfo:

Qué andará tramando este Golfo?

 

 

UNHA HISTORIA PARA GOLFO

Durante o curso 2015-16 Golfo enviou unha carta as aulas pedíndolle aos nenos e nenas que inventasen unha historia para él.

 

 

Así comezaron “As aventuras de Golfo, a tartaruga vixía dos contos”.

UNHA MASCOTA PARA A NOSA BIBLIOTECA

Durante o curso 2014-15 chegou as aulas do C.R.A.  A Picaraña unha proposta para crear unha mascota para a nosa biblioteca.

 Participaron todas as aulas, mandaron estas mascotas tan chulas:

 A mascota elixida polo xurado foi Golfo, a tartaruga que fixeron os nenos e nenas da aula de Moreira.

 

Distribuir contido

Back to top