"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
Na escola de Parada, recibimos a visita dun artesán, Eduardo Represas. Eduardo, continuando coa tradición familiar, dedícanse á fabricación artesanal de gaitas no obradoiro xa fundado polo seu bisavó, situado na parroquia de Xinzo. Explicounos de maneira moi sinxela cal é o proceso de elaboración deste instrumento, cales son os materiais precisos e as partes máis importantes da gaita.
Para rematar, fíxonos unha pequena demostración de como sona a gaita... toda unha experiencia para os máis pequenos, quenes coas primeiras notas, levantaronse para bailar!
Participamos na actividade subvencionada polo Concello de Ponteareas "CATRO PATAS DE APOIO", obradoiro sobre Educación en Valores asistido por cans de Terapia en contornos educativos da asociación Yuracan. O obradoiro tivo lugar no local cultural de San Mateo. O obxectivo é trasladar os beneficios que aportan os animais a entornos escolares coa finalidadede traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas.
No obradoiro trabállanse valores como a solidariedade, o compañerismo, o respecto, a aceptación das diferenzas, a integración, autoestima e a violencia de xénero, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.
Os nenos e nenas tamén puideron disfrutar do conto "UNHA MAN CHEA DE BICOS" na escola de San Mateo. A mesma "Frida Kahlo" quixo participar con nós neste día tan especial. Unha sorpresa moi doce da que disfrutaron tanto os alumnos e alumnas como os mestres e mestras do centro.
No primeiro trimestre organizamos tres interaulas para levar a cabo un almorzo moi saudable. Contamos cunha nutricionista a cal impartiu unha charla informativa e motivadora sobre a importancia do almorzo dunha dieta equilibrada para acadar un desenvolvemento san. Concluíu cunha charla sobre saúde bucodental e sobre técnicas de cepillado. Durante a segunda parte da actividade puxemos en práctica o exposto na charla, degustando un almorzo moi nutritivo para rematar co posterior cepillado de dentes.
A xornada continuou con diversos talleres como a elaboración de galletas de avena e plátano así como manualidades de Outono.
O día da PAZ os alumnos/as recibiron unha gran sorpresa na aula de San Mateo. Apareceu ... "Frida Kahlo" para contarnos un conto UNHA MAN CHEA DE BICOS. Disfrutamos moito escoitándoa e para rematar saboreamos un bico moi, moi doce.
Para dar comezo ó proxecto de FRIDA KAHLO, na biblioteca do centro o carteiro deixou por equivocación un paquete que contiña: unha diadema de flores, unha bandeira e un gorro mexicano, umha paleta de pintor con pinceis e unha foto de Frida Kahlo.
Golfo, a mascota da biblioteca, escribiulles unha carta ós nenos/as pedíndolles axuda para investigar coas súas familias de quen podía ser o paquete. Desta maneira introducimos ó alumnado no apaixoante mundo da arte a través da pintora Frida Kahlo.
Alí estivemos
Despois fomos á biblioteca municipal onde nos contaron un conto e nos ensinaron as instalacións ás que podiamos ir coa nosa familia para levar libros para ler na casa.
Así foi a visita
Desde o equipo de Dinamización da biblioteca do noso centro xurdíu a proposta de facer un marcapáxinas para conmemorar este día. Este foi resultado
Este curso escolar participamos no programa Aliméntate ben na modalidade Ponlle pilas ao teu bocata da Consellería de Cultura e Educación. Os nosos alumnos e alumnas recibiron nas aulas as Golfo- bolsas que contiñan unha selección de conservas de produtos do mar e unha carta da nosa mascota de biblioteca Golfo onde animaba aos nenos e nenas a resolver diferentes retos:
MEMBROS NON LECTIVOS |
|
DIRECTOR |
David Mazaira Fernández
|
SECRETARIA
|
Jennifer Estévez Ruíz |
REPRESENTANTES DO PROFESORADO |
|
Marta Outes Álvarez |
|
Paula Estefanía Giráldez Cortegoso |
|
Marcos Osorno Iglesias |
|
REPRESENTANTES DAS FAMILIAS |
|
Jose Ángel Márquez Boente |
|
|
|
REPRESENTANTE DO CONCELLO |
|
|
|
|