"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

blogue deadmin

MIRÓ NO CRA

Neste segundo trimestre quixemos acercar a arte aos nenos e nenas co grandísimo artista JOAN MIRÓ, para o que utilizamos a súa faceta coma escultor. Eleximos a este gran artista pola súa simplicidade e sinxeleza nas formas que realiza e no uso das cores nas que destaca a súa orixinalidade (azul, vermella, amarela, verde e negra); Aspectos que están moi relacionados coa forma de representación infantil.

Os nenos e nenas desfrutan observando as súas esculturas imaxinando o que representa cada unha delas. Así que, se hai una artista cuia técnica e universo imaxinario se relacione fortemente co mundo infantil, ese é JOAN MIRÓ.

Como diría Mª Carmen Díez Navarro no seu libro 10 ideas clave: "Non podemos intentar meter a arte no neno, a arte sairá del se o permitimos".  (PREME NA IMAXE PARA VER UN VÍDEO DA REALIZACIÓN DO PROXECTO)

 

 

AS ESCOLAS DO CRA

 

                                          DIRECCIÓN: Vilanova, 1. Moreira (Ponteareas).

                TELÉFONO: 886 11 05 88

                CORREO ELECTRÓNICO: cra.apicarana@edu.xunta.gal

 

 

 

VÍDEO DAS AULAS

 

 

XOGAMOS COA PDI

Os nenos e nenas de Ribadetea investigaron sobre as conservas. Para isto indagaron na web Ponlle pilas ao teu bocata http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/ . Ademais atoparon uns xogos moi divertidos os cales realizaron na PDI da aula.

XOGAMOS COAS CONSERVAS

Nas sesións de psicomotricidade os alumnos e alumnas realizaron actividades relacionadas coa alimentación. Xogaron ao pilla das froitas, foron ao supermercado cos ollos tapados e clasificaron ditos alimentos. Tamén saíron a pescar, levaron os peixes á conserveira e clasificaron as latas. Resultaron unhas sesións moi divertidas!

 

OS "CHEFS" DE PORTELA

Os cativos e as cativas de Portela cociñaron uns deliciosos patés de consevas. Gozaron coñecendo as diversas propiedades, sabores e texturas das conservas. Moitos deles non probaran algúns dos produtos e encantoulles experimentar novos sabores.

Ademais de facer unha cata, elaboraron un paté que non deixou indiferente a ninguén. Resultou unha xornada nutritiva e divertida.

OS PESCADORES DE AREAS

Os nenos e as nenas de Areas elaboraron diversos animais mariños. Logo convertéronse nuns trepidantes mariñeiros; pescaron polbos, peixes e mexillóns. Con todas estas especies, e antes de levalas a unha conserveira, puideron xogar a localizalas nun plano coa axuda do Bee Bot. Resultou sen dúbida, unha xornada moi entretida.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Tendo en conta que para este día convocouse unha folga e para permitir que as mestras do claustro exerceran o seu dereito, organizámonos en dúas escolas: Parada e Pías.

Este motivo non foi impedimento para conmemorar este día tan especial.

Decidimos mergullar os rapaces e rapazas na importancia da labor da muller a prol da igualdade, utilizando como base esta imaxe. Preme na imaxe e verás a sorpresa que prepararon os nenos e nenas de  Ribadetea.

Traballamos distintos contidos relacionados coa igualdade; de xeito paralelo, en pequenos grupos elaboramos un marco con materiais de refugallo. 

Noutro espacio da aula creamos un "photocall" onde os nenos e nenas se caracterizaban para o posado. 

 

 

 

CONVERTÉMONOS EN PEIXEIRAS

As nenas e os nenos de Portela A e Portela B convertéronse en pescadoras e pescadores, carrexonas e carrexóns, e peixeiras e peixeiros.

FOMOS DE ENTROIDO!!

O venres de entroido iamos participar no pasarrúas organizado polo Concello de Ponteareas xunto con outros centros educativos da zona. Non puido ser!!!.

A chuvia fixo que mudaran os plans e disfrutamos do día no auditorio Reveriano Soutullo cuns animadores de luxo que fixeron que os nenos e nenas, mestres e mestras o pasaran de marabilla.

ANPA XUNTANZA

in

 

 

 

 

 

 

 

QUEN SOMOS?

A Anpa Xuntanza, é unha Asociación de Nais e Pais de Alumn@s do CRA A Picaraña. Tendo en conta as características deste centro, formado por 6 aulas de educación infantil, situadas en distintas parroquias do noso concello: Areas, Pías, Ribadetea, Moreira, Parada e Portela. Polo cal, a formación desta Anpa, baséase na representación de cada unha das aulas nesta asociación, sendo un factor moi importante contar con un ou dous representantes, por aula, e así chegar dun xeito máis directo a cubrir as necesidades de cada unha delas.

  

QUEN A FORMAMOS?

Neste curso escolar 2023/24, a ANPA está contituída do seguinte xeito:

PRESIDENTE

JOSE ÁNGEL MÁRQUEZ BOENTE (Moreira)

VICEPRESIDENTE

JOSÉ CORBACHO GONZÁLEZ (Ribadetea)

SECRETARIO

ISMAEL BOENTE REPRESAS (Portela)

TESOUREIRA

VANINA M. BRAÑA PUENTE (Parada)

REPRESENTANTE DA ANPA NO CONSELLO ESCOLAR

JOSÉ CORBACHO GONZÁLEZ 

JOSE ÁNGEL MÁRQUEZ BOENTE (Suplente)

 

 FINALIDADE DA ANPA:

- Asesorar e informar aos pais e nais no que respecta á educación dos fill@s e promover que exerzades os vosos dereitos e deberes.
- Promover a calidade educativa.
- Colaborar co Equipo Docente para o bo funcionamento das aulas.
- Potenciar a participación das familias na vida das aulas.
- Facilitar a representación e participación dos pais/nais dos alumnos ante as Institucións.

 

CANTO É A CUOTA DE SOCIO?

Este ano a cota estableceuse en 15€.

Recordade que ser asociadas da ANPA dávos acceso aos descontos que nos diferentes establecementos comerciais do Condado, Paradanta e Louriña se ofrecen, ao ser membros da Federación de Asociacións de Pais e Nais, FANPO. Ademais, tamén dá acceso a participar ao mesmo nivel que outros asociados nas actividades extraescolares que organicen as diferentes ANPAS das comarcas indicadas.

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top