"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

blogue deadmin

Saída didáctica o 13 de abril a APÍPOLIS

            Inmersos xa neste tercer trimestre no proxecto “As abellas”, os nenos e nenas do CRA visitamos Apípolis, unha finca ubicada en Pontevedra que naceu co obxectivo de que os cativos e cativas coñecesen en profundidade e de primeira man o mundo da apicultura.

            Resultou sen dúbida unha xornada diferente, divertida e proveitosa. Aínda que o tempo non nos acompañou, desfrutamos xuntos dun día no que, dende o primeiro intre, non paramos de traballar e aprender.

            Un equipo de monitores fantásticos tiña organizado unha morea de actividades, así que despois de agruparnos en pequenos equipos nos que estabamos mesturados, nos despuxemos a descubrir o universo das abellas.

            Fixemos unha visita guiada pola finca e descubrimos que había pequenos talleres onde realizar distintas actividades nas que tivemos que escoitar, investigar, experimentar a través de charlas explicativas, manualidades, cociñar galletas, elaborar velas coa cera que producen as abellas, visitar un enxame de abellas, visitar unha zona formativa onde en diferentes espazos íamos descubrindo a importante labor deste insecto no equilibrio da natureza.

            Mergullados na finca como auténticos apicultores, quedamos entusiasmados coa información que íamos descubrindo de xeito práctico sendo protagonistas e chegando a tódolos rincóns.

            Saír pola mañá, xogar e descubrir todas as actividades, xantar cos profes e cos nosos  compañeiros e compañeiras desfrutando ata o último intre, fixeron que Apípolis se posicione como unha das nosas saídas didácticas favoritas.

 

 

 

 

 

 

EN PORTELA TRABALLAMOS AS ABELLAS

Este tercer trimestre estamos traballando o proxecto “as abellas”, e na escola de Portela tivemos a visita de Tomás Rivero, un apicultor, e Roberto, un bombeiro de Ponteareas, que nos viñeron a ensinar e explicar como é a vida das abellas. Quedamos moi sorprendidas e sorprendidos co intelixentes que son!

Falamos das vespas asiáticas ou velutinas e déronnos uns trípticos con información moi interesante sobre o tema. Ata aprendimos a elaborar trampas caseiras!

Ademáis aproveitamos e vimos un vídeo sobre o protocolo de actuación en caso de incendio no cole ou en calquera outro edificio. 

Foi unha mañá xenial!!

 

FOMOS DE TROULA Á NAVE!!!

 

(Preme na imaxe para ver a presentación)

MIRÓ NO CRA

Neste segundo trimestre quixemos acercar a arte aos nenos e nenas co grandísimo artista JOAN MIRÓ, para o que utilizamos a súa faceta coma escultor. Eleximos a este gran artista pola súa simplicidade e sinxeleza nas formas que realiza e no uso das cores nas que destaca a súa orixinalidade (azul, vermella, amarela, verde e negra); Aspectos que están moi relacionados coa forma de representación infantil.

Os nenos e nenas desfrutan observando as súas esculturas imaxinando o que representa cada unha delas. Así que, se hai una artista cuia técnica e universo imaxinario se relacione fortemente co mundo infantil, ese é JOAN MIRÓ.

Como diría Mª Carmen Díez Navarro no seu libro 10 ideas clave: "Non podemos intentar meter a arte no neno, a arte sairá del se o permitimos".  (PREME NA IMAXE PARA VER UN VÍDEO DA REALIZACIÓN DO PROXECTO)

 

 

AS ESCOLAS DO CRA

 

                                          DIRECCIÓN: Vilanova, 1. Moreira (Ponteareas).

                TELÉFONO: 886 11 05 88

                CORREO ELECTRÓNICO: cra.apicarana@edu.xunta.gal

 

 

 

VÍDEO DAS AULAS

 

 

XOGAMOS COA PDI

Os nenos e nenas de Ribadetea investigaron sobre as conservas. Para isto indagaron na web Ponlle pilas ao teu bocata http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/ . Ademais atoparon uns xogos moi divertidos os cales realizaron na PDI da aula.

XOGAMOS COAS CONSERVAS

Nas sesións de psicomotricidade os alumnos e alumnas realizaron actividades relacionadas coa alimentación. Xogaron ao pilla das froitas, foron ao supermercado cos ollos tapados e clasificaron ditos alimentos. Tamén saíron a pescar, levaron os peixes á conserveira e clasificaron as latas. Resultaron unhas sesións moi divertidas!

 

OS "CHEFS" DE PORTELA

Os cativos e as cativas de Portela cociñaron uns deliciosos patés de consevas. Gozaron coñecendo as diversas propiedades, sabores e texturas das conservas. Moitos deles non probaran algúns dos produtos e encantoulles experimentar novos sabores.

Ademais de facer unha cata, elaboraron un paté que non deixou indiferente a ninguén. Resultou unha xornada nutritiva e divertida.

OS PESCADORES DE AREAS

Os nenos e as nenas de Areas elaboraron diversos animais mariños. Logo convertéronse nuns trepidantes mariñeiros; pescaron polbos, peixes e mexillóns. Con todas estas especies, e antes de levalas a unha conserveira, puideron xogar a localizalas nun plano coa axuda do Bee Bot. Resultou sen dúbida, unha xornada moi entretida.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Tendo en conta que para este día convocouse unha folga e para permitir que as mestras do claustro exerceran o seu dereito, organizámonos en dúas escolas: Parada e Pías.

Este motivo non foi impedimento para conmemorar este día tan especial.

Decidimos mergullar os rapaces e rapazas na importancia da labor da muller a prol da igualdade, utilizando como base esta imaxe. Preme na imaxe e verás a sorpresa que prepararon os nenos e nenas de  Ribadetea.

Traballamos distintos contidos relacionados coa igualdade; de xeito paralelo, en pequenos grupos elaboramos un marco con materiais de refugallo. 

Noutro espacio da aula creamos un "photocall" onde os nenos e nenas se caracterizaban para o posado. 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top