"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
Que é o CRA A PICARAÑA?
- Ensinanza individualizada en grupos reducidos.
- Importancia da participación das familias nas actividades das aulas.
- Máximo partido do enclave xeográfico rural do que desfrutar e aprender.
- Renovación, formación continua e innovación pedagóxica.
- Proxectos de formación: Plan Proxecta e Proxecto Voz Natura.
O pasado mércores celebramos o Samaín no noso Centro, un día cheo de sorpresas e de moito "medo".
Queremos presentarvos a nosa maleta viaxeira da Biblioteca, a cal irá acompañada sempre polos seus donos, Golfo e Golfa, levando @s alumn@s un mundo cheo de fantasía cos seus contos preferidos.
Se queredes seguir coñecendo as aventuras dos nosos amigos entrade no apartado biblioteca da nosa páxina web e no noso Instagram.
Este curso escolar dimos moito a lata. No seguinte vídeo podedes ver o resumo do noso proxecto:
Ponlle pilas ao teu bocata from Jennifer Estevez Ruiz on Vimeo.
As nenas e os nenos de Pías duante este curso escolar, recibiron a súa Golfobolsa chea de conservas de produtos do mar. Con elas descubriron novos sabores e texturas, realizaron talleres de cociña, xogaron a descubrir máis conservas na PDI... resultou unha experiencia moi positiva!