blogue deadmin

BO NADAL

Eu Canto ti Cantas

https://youtu.be/UxzW3XfiuYA

Visita do Apalpador

PRIMEIRO TRIMESTRE

 

Podedes consultar máis fotos no apartado da esquerda en galerías das escolas

Magosto

Magosto

Dende o EDLG, xunto co Equipo de Biblioteca e o Equipo de Infantil, organizamos unhas xornadas de outono na nosa biblioteca de centro, en Ganade, conmemorando a festa tradicional do Magosto, tan representativa en Galicia.

Puxemos en marcha diversos obradoiros, como o de contacontos, xogos populares, creación artística e colaborativa con elementos naturais, disfraces e construcións con teas, bechos, maleta creativa e degustación e pintura con castañas.

Podedes ver fotografías da convivencia e das diferentes actividades no noso Instagram, nos seguintes enlaces: 

https://www.instagram.com/p/Ck6vyvvNuK_/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

 

https://www.instagram.com/p/Ck6xMXdtSg1/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

  

https://www.instagram.com/p/Ck6yVfwt0_T/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

Calacús

OS CALACÚS

Como xa explicamos anteriormente, e a raíz do Samaín, dende o EDLG propuxémoslle ás familias continuar coa

tradición dos calacús. Aquí podedes ver algúns deles.

 

Tamén podedes visualizalos no Instagram do centro, nos seguintes enlaces:

https://www.instagram.com/p/Ckp13y-tpKZ/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

https://www.instagram.com/p/Ckp2uEAtKlZ/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

 

O SAMAÍN

Magostín

OS CALACÚS

O Samaín é unha festa que provén dos nosos antepasados castrexos-celtas, pobos afoutos que viviron en Galicia.

Celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita, gardar provisións para o inverno e dar a benvida ao

Novo Ano Celta. Tiñan a crenza de que esa noite, as ánimas dos mortos volvían a visitar ás súas familias. Por iso

acostumaban a facer farois con nabos e carbón quente para guiar os espíritos bos de volta aos castros e espantar os

malos (as cabazas foron posteriores, pois importáronse de América).

Co auxe da relixión cristiá, esta antiga festa celta comezou a chamarse Día de Todos os Santos, en inglés All Hollow’s

Eve, pois en Irlanda, Inglaterra ou Escocia, onde habitaron tamén pobos celtas, mantívose a festa do Samaín, e

trasladouse a América coas emigracións, derivando no mundialmente coñecido Halloween.

O feito é que, da antiga festa celta, ao longo dos anos en Galicia mantívose a tradición de celebrar a festa da fin da

colleita mediante os magostos. E en moitos puntos de Galicia tamén se mantivo a tradición de alumear a noite con

farois feitos con nabos ou cabazas para guiar os espíritos. En Xermade, fan farois con remolachas e chámanlle

BONECAS. Nas Rías Baixas, adornan cabazas coas espigas do millo, coma se tivesen cabelo, mais non lle poñen luz

, e chámanlle CALACÚS. En Cedeira chámanlles CALIVERAS de melón. En Ortigueira CALABAZOTES, en Ourense

COLONDROS,…

Dende o EDLG da Picaraña, propoñémosvos a todas as familias que, recuperemos xuntas as

nosas tradicións e para iso realicedes o voso CALACÚ (poden estar baleiros ou non, ao xeito

tradicional), decorados con elementos naturais, como espigas, castañas, landras, noces,

follas,… ou como vos apeteza! 

O día que vos toque visitar Ganade para a celebración do Magostín, traédeo á biblioteca para

que toda a comunidade educativa poda desfrutar da vosa creación.

Carlos de Ekohuerta visita a aula de Moreira

O pasado mes de outubro visitounos Carlos, coñecido agricultor da zona, que conta cunha horta ecolóxica con prantas de tódalas rexións do mundo. Nesta visita falounos dos coidados da horta, de curiosidades e propiedades das prantas, mostrounos a súa horta e inspirounos para seguir traballando no noso horto escolar.

 

Moitas grazas Carlos pola túa visita! Volve pronto!

Distribuir contido

Back to top