ENTROIDO 2015

Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante a semana de entroido no noso cole.

Algunhas das fichas foron elaboradas polo CRA de BERGONDO. Moitas grazas por compartir o voso material.

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane.

Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.

LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda

DÍA DA PAZ 2015

Algunhas das actividades realizadas este ano no Día da PAZ.

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO

Adicado a todas as familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo.
O oito
Letra de Olga Lalín
Música de Seso Durán
Incluído no album de próxima aparición "Azul"
Filmado no Lago de Castiñeiras (Marín, Pontevedra)