Reunida onte a Xunta electoral, infórmase:
Convócanse eleccións para elixir representantes no Consello Escolar. No caso das familias, renóvanse 2 postos, 1 será elixido por votación e outro será designado pola ANPA. A votación terá lugar o martes 29 de novembro na SEDE do CRA en Rosalía de Castro, 108 (Salvaterra de Miño). No caso do profesorado, renóvase 1.
Publícanse os censos nas escolas. Deberán ser revisados para poder votar. Calquera dato erróneo debe ser comunicado por correo electrónico a cra.alagoa@edu.xunta.galata o 16 de novembro.
O prazo de presentación de candidaturas será do 10 ó 17 de novembro. As candidaturas presentaranse por correo electrónico a cra.alagoa@edu.xunta.gal constando en dito correo nome e apelidos completos, DNI, escola, e a súa intención de ser representante de pais/nais no Consello Escolar.
O 22 de nov. celebrarase o sorteo dos membros da mesa electoral. Lembramos que Ós membros integrantes da Xunta Electoral, das Mesas Electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2.015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Desde o centro facilitaremos a documentación necesaria).
Un saúdo
A Xunta Electoral