Skip to Content

Comunicación conxunta Consellerías Sanidade e Educación: Recomendación uso máscaras nos patios dos Centros Educativos

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola Covid-19, ven de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos da comunidade.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36522

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE CONTACTOS ESTREITOS

 

As Consellerías de Sanidade e Educación acaban de comunicar conxuntamente que tras a valoración da situación epidemiolóxica actual, elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario. Seguiranse as mesmas actuacións que a poboación xeral en canto á identificación e manexo dos contactos estreitos. Serán os propios casos os que deben informar ós seus contactos estreitos do diagnóstico COVID para que extremen precaucións e prevencións. O centro seguirá informando dos posibles casos para mellor prevención. En canto ó uso da máscara, a Consellería de Sanidade segue recomendando o seu uso para maiores de 3 anos, tanto no interior das aulas coma no exterior se non se pode manter o 1,5 m de distancia, polo que seguides sendo as familias quenes decides acerca do seu uso, iso si, avisando ás titoras por correo electrónico se hai cambios.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6767/202200304_Recomendacions_preventivas_contactos_estreitos_COVID.pdf

PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 22-23

PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023

O vindeiro 1 marzo comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión, e  extenderase ata ó 22 de Marzo, ambos días incluídos, aínda que o 1 e 2 de marzo non estaremos no centro debido á festividade de Entroido. As solicitudes poden presentarse por sede electrónica en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ou presencialmente na sede do cole, en Rosalía de Castro 108, sempre con CITA PREVIA.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

·Impreso ED550B cuberto. Pódese descargar na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ou ben recollelo na sede do CRA A LAGOA, na Rúa Rosalía de Castro, 108 en Salvaterra de Miño no horario de secretaría especificado (a partir do 1 de marzo)

·DNI ou Libro de Familia do alumno/a.

·2 fotos tamaño carnet.

*Tamén podedes presentar a solicitude por Sede electrónica en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Horario de secretaría na sede do CRA A LAGOA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

11.30-12.30

10.30-14.00

16.00-17.00

11.30-14.00

10.30-13.00

11.00-13.00

Ante calquera dúbida contacta con nós no teléfono 986659363 ou no correo cra.alagoa@edu.xunta.gal

PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS DISTINTOS SECTORES DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO 2021-2022

Continuamos co proceso, e non habendo reclamación ás candidaturas, estas seguen a ser:

Candidaturas presentadas polo sector NAIS/PAIS:

NATIVIDAD FERNÁNDEZ OJEA (FORNELOS) 

TANIA SÁA FERNÁNDEZ (A VESADA)

Candidaturas presentadas polo sector PROFESORADO:

MARTA ÁLVAREZ MALINGRE

OBDULIA BLANCO ÁLVAREZ

Non hai candidaturas para o sector PAS.

A composición  das mesas electorais están definidas e comunicadas ás persoas elixidas por sorteo, e as votacións terán lugar o vindeiro martes 23 de novembro, na sede do CRA A LAGOA (Rúa Rosalía de Castro nº 108), en horario de 9.30-14.00 e de 16.00-17.00, para o sector nais/pais, e ás 16.00 para profesorado.


Saúdos!  A Xunta Electoral

Distribuir contido


by Dr. Radut