AVISOS
ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028
COMEZO DAS CLASES
O vindeiro mércores, 11 de setembro, comezarán as clases co horario habitual. Haberá servizo de comedor e transporte.
XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS DURANTE O VERÁN
Infómaselles que o centro permanecerá pechado durante o mes de agosto. Se pensan que poden precisar algún tipo de xestión administrativa (certificados, etc) antes de setembro, recoméndaselles que a soliciten antes do 31 de xullo. De todos os xeitos, se lles xurde algunha xestión urxente que non poida agardar a setembro, poden poñerse en contacto co centro por mail, indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e tipo de xestión. Durante o mes de agosto todo o persoal está de vacacións, polo que as xestións solicitadas nese mes poden tardar ata 10 días. Moitas grazas pola súa colaboración. Un saúdo. A Dirección.
LISTAXE DE LIBROS 24/25
Poden consultar a listaxe no arquivo anexo.
- LIBROS DE TEXTO 24_25.pdf
- 3.09 MB
TRANSPORTE ESCOLAR: SOLICITUDE NOVA PARADA OU CAMBIO LOCALIZACIÓN PARADA EXISTENTE
A Consellería de Mobilidade aínda non publicou as instrucións de transporte escolar para o vindeiro curso. De todos os xeitos, a fin de axilizar os trámites pertinentes, as familias que desexen solicitar nova parada ou cambio de localización dunha parada existente poden cumprimentar o impreso que se achega adxunto, que tamén está á súa disposición na secretaría do centro.
- Anexo I.pdf
- 114 KB
PREMIO NO CONCURSO "ESCOLA SEN ARMARIOS, LIBRE DE LGTBfobia"
Onte recibimos a visita da Asociación ARELAS (Asociacion de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia) para a entrega do premio "ESCOLA SEN ARMARIOS, LIBRE DE LGTBfobia", enmarcado na conmemoración do 17 de maio, día internacional contra a LGTBfobia.
O noso centro resultou ser o máis votado polo traballo realizado ao longo deste curso en materia de diversidade afectivo-sexual.