Skip to Content

Taboeiro Xeral de Avisos

CAMBIO DE HORARIO NO CENTRO

CAMBIO DE HORARIO NO CENTRO

A partires do día 1 de xuño lembrade que cambia o horario no centro que pasa a ser de 10:00 a 15:00 horas. Pode consultar o novo horario lectivo de Secundaria premendo aquí.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO. CURSO 2024-2025

O pasado luns, día 20 de maio de 2024, saíu publicada no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 e á que podes acceder premendo aquí

Tamén podes acceder ao modelo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar premendo aquí

DÍAS NON LECTIVOS

LEMBRA QUE:

Non haberá clases no centro...

Nin este venres, día 17 de maio, nin o vindeiro luns, día 20 de maio.

SOLICITUDE CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA

Abriuse prazo para a presentación de solicitudes dos campamenos de verán da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.

Forma de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal. Podes acceder a ela premendo aquí.

AVISO

LEMBRA:

Este venres, día 19 de abril, NON É LECTIVO no noso centro. Non haberá clases en todo o centro educativo.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Está aberto o prazo ata o vindeiro día 11 de marzo para a solicitude de proba específica para acreditación de competencias dixitais do alumnado de 4º ESO. Podes consultar a resolución que regula este tema premendo aquí.

Prazo Admisión Alumnado

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado no centro desde o día 1 ao 20 de marzo. Para a súa tramitación pulsar aquí ou consultar a seguinte ligazón:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As Mandas do Meco (semana do 5 ao 9 de febreiro de 2024)

AS MANDAS DO MECO

Semana do 5 ao 9 de febreiro

Xa podedes ir consultando as mandas do Meco para festexar o entroido no centro e así ilas preparando con tempo. Podedes consultalas premendo aquí.

CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN EN INFANTIL E PRIMARIA

Estimados pais/nais/titor@s:

Informámolos de que este ano para conmemorar o Samaín no centro pensamos desde o claustro que sería boa idea que as familias elaboren un sombreiro de bruxa terrorífico. Poderanos traer ao cole e serán expostos. Dende o centro darémoslle un pequeno agasallo aos participantes. A data límite para traelos será o venres día 27 de outubro. Farase unha pequena festa con todos os nen@s o día 31 de outubro e actividades (padriños lectores, decoración de macetas, pegatinas con motivos de Samaín, Escape Room...) para conmemorar o día. Os nen@s que o desexen poderán vir disfrazados da casa. Moitas grazas de antemán pola súa participación.

 

Xa podes consultar as imaxes dos terroríficos sombreiros de bruxas presentados para a súa exposición no centro premendo aquí.

Xa podes consultar imaxes da celebración do Samaín que están tendo no centro premendo aquí.

Información sobre o programa Edixgal

Premendo aquí podes acceder á circular na que se informa do programa Edixgal que ten o centro educativo así como dos datos de contacto para calqueira incidencia que puidera acontecer co equipo do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut