slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

SEMANA DO ENTROIDO

Todos os membros da comunidade educativa que sexades fans do DON ENTROIDO, poderedes participar obedecendo os MANDADIÑOS DO MECO.

LUNS, 17 DE FEBREIRO, trae algo na cabeza (perruca, gorro, lazo, ou calquera prenda que che faga de sombreiro)

MARTES, 18 DE FEBREIRO, pinta a cara e engalánate de abalorios por todas partes.

MÉRCORES, 19 DE FEBREIRO, trae nos pés calzado de pobre.

XOVES, 20 DE FEBREIRO, para rematar, en bata de casa podes estar.

EDUEMPRENDE

Os alumnos de 2º ESO e 5º e 6º de Primaria participaron este ano no programa Atrévete. Este programa desenvólvese dentro do Plan Eduemprende, dirixido a  fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espírito emprendedor.

O día 24 desprazámonos a Vilalba. Alí os de 2º de ESO realizaron unha visita á queixería Entrepinares; e os 5º e 6º acudiron ao IES Lois Peña Novo para percorrer as súas instalacións e escoitar a un emprendedor que explicou a súa experiencia.

As fotografías da visita están en GALERÍA

NADAL 2019

As fotografías do festival de Nadal de 2019 atópanse en Galería. Picar aquí para acceder.

SORTEO MEMBROS MESA VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

O luns, 17 de febreiro de 2020 ás 12:00 h terá lugar o sorteo público dos membros que formarán parte da mesa para a votación da xornada única.

CENSO ELECTORAL PARA A VOTACIÓN DA XORNADA ÚNICA.

No taboleiro de anuncios do centro está exposto o censo electoral para a votación da xornada única de EI e EP.

Abrirase un plazo de cinco días hábiles para que as nais/pais ou titores legais poidan presentar reclamacións ao censo.

 

NADAL NO CENTRO DE DÍA

Nenos e nenas do CPI Plurilingüe Virxe do Monte e usuarios de Centro do Día compartiron uns momentos para celebrar o Nadal. Fóra atopábase o buzón onde entregar as cartas para os Reis Magos, e dentro colaboraron todos na decoración da árbore de Nadal.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer