QUINTO RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 

QUINTO RETO (DO 15/05 AO 22/05 DO 2020):

 

PALABRAS MUSICAIS O voso traballo neste reto consistirá en escoller unha palabra relacionada coa música (pode ser un sentimento que vos esperte a música, un estilo, unha figura musical, un instrumento, unha agrupación... en definitiva o que se vos ocorra). A única condición é que esteña relacionado coa propia música.

 

Unha vez escollida a palabra deberedes escribila como queirades e intentar ilustrala nun folio ou nunha cartolina pequena. Lembrade que cando rematedes tedes que facer unha fotografía e posteriormente enviala a: musicacospeito@gmail.com

 

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

AdxuntoTamaño
TAREFA MÚSICA PRIMARIA 5.odt67.01 KB
TAREFA MÚSICA PRIMARIA 5.pdf403.35 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer