LIBROS DE TEXTO 2019/20
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/20
A) AXUDAS PARA ALUMNOS que vaian cursar:
- 1º e 2º de EP: vales para a adquisición de libros
- 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou ESO: poderán acollerse ao fondo solidario.
REQUISITOS PARA ACOLLERSE:
1. Ter unha renda per cápita (Irpf 2017) igual ou inferior a 9000€ (sumar recadros 415+435 e dividir entre o número de membros da unidade familiar).
2. Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2018/19 (excepto o alumnado de 1º e 2º de EP).
B) AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: alumnado de EP e ESO.
REQUISITOS PAR ACOLLERSE:
1. Renda per cápita igual ou inferior a 5400€
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
· ANEXO I debidamente cuberto.
· ANEXO II para a comprobación de datos dos membros da unidade familiar ASINADO POR TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR. No caso de non autorizar a comprobación deberá achegar fotocopia do DNI e da declaración da renda do ano 2017.
- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
- NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO: SENTENZA XUDICIAL OU CONVENIO REGULADOR.
- NO CASO DE DISCAPACIDADE DALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR: CERTIFICADO DO GRAO DE MINUSVALÍA.
PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO.