ALMORZOS SAUDABLES
No CPI Virxe do Monte, estamos a levar a campaña dos almorzos saudables, unha iniciativa promovida dende o comedor do centro. Nas próximas duas semanas, tanto o alumnado de Primaria como de Educación Secundaria Obrigatoria poderá degustar un suculento almorzo. O obxectivo fundamental é que o alumnado se conciencie da importancia do almorzo na dieta diaria dunha persoa, que coñeza un pouco máis os grupos de alimentos, e que se acostume a tomar alimentos pertencentes ós diferentes grupos para conseguinr ese equilibrio de nutrintes preciso nas súas idades.
SE QUEREDES VER FOTOGRAFÍAS DO ALUMNADO EN PLENO ALMORZO, FACEDE CLIC AQUÍ.