Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

Ler ten premio

Durante o presente trimestre cada vez que leves un libro para ler na casa recibirás unha rifa para participar no sorteo dunha cesta literaria. Este sorteo celebrarase no Nadal entre todos os participantes. Sortearanse seis cestas, unha por ciclo de cada etapa. Anímate a ler e terás premio. Canto máis leas máis posibilidades tes de gañar unha das cestas.

Xa chegan as vacacións

A pesares de ser o primeiro día de verán, e derradeiro do curso escolar, isto non pinta moi ben no que ao tempo atmosférico se refire. Pero os ánimos están altos coa inminente chegada das vacacións, e como se fose un canto para chamar ao sol despedímonos de todos vós con este xogo rítmico de percusión corporal.

A Vella Auria

O día 30 de maio os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Primaria fomos de visita a "Vella Auria".

Aínda que parecía que xa coñeciamos todo de Ourense decátamonos de que non era así. Visitamos as Burgas e a Catedral adicada a San Martiño...

Voltamos ao século XIX no Paraninfo do IES Otero Pedrayo, cruzamos polo vía romana da Ponte Vella.

Relaxámonos nas Termas de Outariz e ...

desfrutamos dunha paisaxe paradisíaca, coma auténticos romanos!!

Alegría!!

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia 2013 celebrado no CPI Virxe da Saleta. Celebramos a alegría. A alegría de estar xuntos, de compartir a nosa vida neste centro escolar. Coa forza da felicidade pódense derrubar os muros das inxustizas e da pobreza. A nosa ledicia pode cambiar o mundo. E que mellor xeito de amosalo que cantando todos xuntos esta canción tan bonita do brasilego Sergio Tannus. A canción aparece no disco María Fumaça editado por Galaxia.

Courel

Como remate de fin de curso, despois dun ano moi longo, os alumnos de 3º e 4º  da ESO visitaron a Serra do Courel xunto coas profes de Ciencias: Maite e Conchi. Marchamos o xoves pola tarde, e chegamos ao Courel ainda de día, polo que poidemos instalarnos no albergue e coñecer o pobo da Seara, un dos pobos máis emblemáticos da zona. Ao día seguinte iniciamos a ruta subindo ata a o pico máis alto da serra, e dende alí iniciamos o descenso pola devesa da Rogueira, un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa. Foron dous días marabillosos, e as profes queremos felicitar aos nosos alumnos polo seu comportamento, actitude e capacidade de axudarse uns a outros para conseguir facer a ruta. Sorte a todos!!

 

Buceando na historia

Bucear na historia é o mellor xeito de aprender quen somos. E se aínda por riba o vivimos dun xeito real pois a aprendizaxe convértese nun feito significativo. O 31 de maio o alumnado de 1º e 2º da ESO visitou anacos de historia pola provincia: San Cibrao de Las, Aquis Querquennis, a Vía Nova romana cos seus miliarios e unha mansio romana. Experiencias vivenciadas que lles achegaron á forma de vida dos nosos antepasados.

Xadrez con Dragan Paunovic

Na tarde do mércores 29 de maio recibimos no noso centro ao grande mestre de xadrez Dragan Paunovic, o campión serbio e director do Club de Xadrez Chantada. Estivo celebrando 14 partidas simultáneas co noso alumnado e profesorado. Despois dos primeiros momentos de nerviosismo souberon poñer en práctica todo o aprendido durante o torneo de xadrez celebrado no noso centro durante o mes pasado. Dragan valorou positivamente a actividade e deulle a cada partida un carácter didáctico. Finalmente felicitou a todos os participantes, especialmente a aqueles que souberon plantarlle cara. 

Máis deporte escolar

O pasado 22 de maio, celebrouse no “Paco Chao” do Carballiño unha nova etapa do Xogade – Deporte Escolar neste curso académico. Tratábase de “Xogando co Atletismo”, onde seis centros da comarca do Arenteiro nos dimos cita de novo. Probas de velocidade individuais e por equipos, lanzamentos e probas de habilidade e multisaltos, conformaron o calendario do día.

Como o máis importante era participar e pasalo ben, obxectivo conseguido!!!

Verde e con historia

Coa chegada da primavera, o equipo de actividades extraescolares decidiu facer unha exposición de fotos de árbores e flores propias desta época do ano aportadas polos alumnos. A participación foi moi alta, e os resultados, nalgúns casos, espectaculares. As fotografías están expostas no edificio de primaria, ata o final do curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut