AMBIENTES OUTUBRO
Ambiente artístico e sensorial: neste mes debido a conmemoración do samaín e o comezo do outono estivemos a facer propostas relacionadas con estas dúas temáticas: dende mesturas de cores seguindo as paletas cromáticas típicas desta tempada, creacións en arxila empregando diferentes elementos naturais como soporte. Tamén fixemos mandalas de outono con pezas soltas coma piñas, troncos, corchos, landras, pedras…realizamos creacións libres pegando lá e non esquecernos da mesa sensorial onde desenvolvemos moito a motricidade fina: debullando millo, vaciando cabazas, tranvasando cuscús, xelatina, pepitas, millo… pasámolo xenial!
Ambiente simbólico e construtivo: aproveitando a chegada do outono, no ambiente simbólico-construtivo, creamos un minimundos estacional con piñas, cogomelos, madeira… e fomentamos o xogo simbólico asando castañas na nosa cocinita. Ademais, creamos as nosas propias construcións con pezas de lego e mazarocas de millo, convertémonos en fontaneiros e fontaneiras arranxando tubaxes, cortando cinta e colocando bridas, traballamos a motricidade fina con cadeas, coñecemos formas xeométricas e xogamos cos animais. Foi moi divertido!
O mes de outubro, no ambiente de lecto, mates e ciencia, contou con diferentes propostas nas que puidemos realizar torres con números equivalentes, desenvolver a motricidade fina e a presión situando o número de pinzas indicado no depresor; ademais, realizamos creacións libres de números a partir da tabla do 100 con selos e construímos figuras coa axuda dos policubos. O mundo das letras tamén tivo moito que explorar, pois creamos pulseras ensartando letras, empregamos os xornais para recortar e, como non, disfrutamos das pizarras máxicas para plasmar as nosas ideas (menudo éxito!). Ao sumo, por parellas, puidemos facer partidas ao bingo de letras!
No ambiente de luces e sombras ao longo do mes de outubro os nenos e nenas contaron con propostas como unha bandexa sensorial con elementos de outono cos que realizar construcións e diferentes creacións, no espazo da luz negra contamos con pezas fluorescentes coas que fixemos torres de distintos tamaños, tamén puideron experimentar coas súas propias sombras así como con pezas translúcidas proxectadas na parede e por último tamén contamos co retroproxector que nos permitiu xogar coas texturas e sombras de distintos materiais a vez que debuxabamos na parede todo o que se nos ocorría.