Skip to Content

ESO

Visita a Burgos e Atapuerca do alumnado da ESO

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire. No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) e no Paleolítico Vivo, tivemos a oportunidade de familiarizarnos coa vida do Paleolítico, e mesmo tivemos a oportunidade de descubrir algunha das especies de animais que habitarían a Península Ibérica naqueles tempos.

Nos xacementos de Atapuerca e no Museo da Evolución Humana descubrimos, entre outras cousas, os restos máis antigos de homínidos que se teñen atopado ata o de agora en Europa, con unha idade de 1.300.000 anos. Para completar a viaxe, visitamos tamén a catedral de Burgos, primeira catedral gótica da Península Ibérica.

Para máis información, podedes visitar o blog do departamento de Ciencias Naturais.

 

 

Procedementos de avaliación INGLÉS

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NA MATERIA DE INGLÉS:

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

 

 

A avaliación nesta materia é continuada e progresiva. 

 

.

PROBAS (CA1.1 + CA 1.2 + CA 1.3 + CA 1.5 + CA 1.6 )

 

Farase unha proba inicial de caracter informativo para coñecer o punto de partida do alumnado.  Non se valorará á hora da avaliación do alumnado.

 

Alomenos unha proba por trimestre na que se agruparán as unidades correspondentes, e que incluirá contidos representativos das catro destrezas Reading, Listening, Speaking e Writing), e de gramática e vocabulario (Use of English). Esta proba terá lugar nunha ou varias sesións.

 

A puntuación de cada un dos exercicios aparecerá especificado nas mesmas.

 

Cada destreza puntuará un 20% do total.

 

O valor total desta parte será dun 70% sobre a nota final.  

 

 

 

PRODUCCIÓNS  (CA1.1 + CA 1.2 + CA 1.3 + CA 1.5 + CA 1.6 )

 

Unha tarefa sobre o material ou libro de lectura da avaliación pertinente.

 

Diversas tarefas realizadas durante as horas de clase e entregadas ben nesa mesma hora, ben nun prazo establecido polo profesor de maior extensión.

 

Tarefas de apoio e reforzo á adquisición de contidos realizadas fóra das horas de clase cun límite de entrega delimitado.

 

O valor de este apartado será do 20% sobre a nota final.

 

 

 

OBSERVACIÓNS (CA1.7 + CA1.8 + CA1.9 + CA1.10 + CA2.1 + CA2.2 + CA2.3 )

 

Finalmente, un 10% reservarase tanto a valorar o caderno de traballo ao final de cada avaliación, como proba do traballo constante e a aprendizaxe responsable do alumnado, como a valorar a actitude cara a asignatura, responsabilidad co material, voluntariedade para aprender, puntualidade e calidade nas entregas das produccións, participación…

 

 

 

PROCEDEMENTO PARA OBTER A NOTA MEDIA FINAL

 

A avaliación será CONTINUA E PROGRESIVA e teranse en conyta todos os materiais avaliados durante as tres avaliacións. NON HABERÁ UN EXAME FINAL.

 

Para obter a nota media final farase un MEDIA PONDERADA da nota acadada en cada una das avaliacións, coa seguinte porcentaxe:

 

1ª avaliación: 20 % da nota final

 

2ª avaliación: 30 % da nota final

 

3ª avaliación: 50 % da nota final

 

 

 

O alumnado considerarase apto cando acade 5 puntos dunha totalidade de 10. A cualificación final obterase calculando a media ponderada dos tres trimestres. A avaliación será positiva cunha cualificación igual ou superior a 5. 

Todas as cualificacións redondearanse a partires de 0,75.

Dado o carácter continuado e progresivo da materia, unha cualificación negativa no primeiro trimestre  poderá ser recuperada cunha nota igual ou superior  a 5 nos seguintes trimestres, sen necesidade de repetir probas. 

 

Os procedementos serán a observación sistemática e directa na aula, a realización de probas, tanto obxectivas como de composición, e a análise das producións dos alumnos.

 

 Os instrumentos utilizados serán as rúbricas, as escalas de estimación, as probas escritas e orais, os cuestionarios e tests en diversas plataformas virtuais, os exercicios escritos (resumes, de vocabulario, gramaticais…) e orais (postas en común, entrevistas, diálogos, presentacións…) realizados en horas de clase e fóra delas, así como os rexistros anecdóticos no caderno do profesor (caderno de aula, nos que anotar información significativa para valorar carencias ou actitudes).

 

 

 

 

 

Participación na XV Olimpíada de Xeoloxía

 

O pasado mércores 7 de febreiro celebrouse a fase galega da XV Olimpíada de Xeoloxía, organizadas pola "Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra" (AEPECT), en colaboración con distintas institucións. Este ano, esta fase galega celebrouse en catro sedes simultáneas: Xeoparque Cabo Ortegal, Xeoparque Montañas do Courel, Santiago e Vigo.  Esta olimpíada divídese en dúas probas: 

- Unha primeira proba, en forma de xincana, na que o alumnado compite en grupo. Na sede de Cabo Ortegal, esta proba realizouse nas inmediacións do Faro de Cabo Ortegal, un lugar fantástico a nivel paisaxístico, pero tamén excepcional en canto a interese xeolóxico. 

 

 

- Unha segunda proba, en forma de proba tipo test, de carácter individual, con cuestións relacionadas coas diferentes áreas da Xeoloxía e as Ciencias Ambientais. Na sede de Cabo Ortegal, esta proba foi realizada no IES Cabo Ortegal de Cariño.

Tres alumnas do CPI Virxe da Cela de Monfero, participaron na sede do Xeoparque de Cabo Ortegal e, aínda que non levaron premio, si que realizaron unha moi notoria participación, especialmente na proba da xincana. Parabéns pola vosa participación!!

 

 

 

Despois da realización das diferentes probas, e tras repoñer forzas nunha das pizzerías de Cariño, o alumnado e profesorado acompañante puideron desfrutar dunha visita guiada polo xeólogo Francisco Canosa por algún dos puntos máis importantes e máis espectaculares do Xeoparque de Cabo Ortegal.

Podedes atopar máis información na páxina web de AEPECT Galicia, ou na seguinte noticia do xornal La Voz de Galicia

A CHANDELEUR: DÍA DO CREPE EN FRANCIA

 

 
O día 3 de Febreiro do 2020, o Departamento de Francés a través da profesora da materia Laura (e as súas aprendices de repostería Lucía e Clara) , celebrou no centro “O día do Crepefacendo de “Master Chef” e agasallaunos durante a mañá con deliciosos crepes feitos  “in situ” (en vivo e en directo)  por ela, con ingredientes 100% naturais, e recheos de plátano e chocolate, promocionando ademais hábitos saudables de alimentación e facéndonos máis agradable e doce a xornada ademais de darnos a coñecer aspectos da cultura francesa.
 

ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO

ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO

 
De novo , este ano, no noso centro, a través do Departamento de Educación Física, volvemos a ter a nosa ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO” , dentro do noso Plan deportivo de centro e coa finalidade de fomentar a práctica físico- deportiva con obxectivo de contribuír a mellora da nosa condición física saudable e a nosa saúde cardiovascular, a través do aproveitamento das horas de lecer no noso centro dunha forma lúdica e activa .
Buscamos ademais traballar actitudes e contidos multidisciplinares importantes para a formación integral do alumnado do Centro, como o respecto a os demais e o noso entorno, o coidado do noso material, a responsabilidade, a interacción social, a colaboración, cooperación , e traballo de igualdade a través do emprego de dito material  utilizando como vehículo o xogo.
É importante sinalar tamén no que ten que ver coa práctica da Educación Física, que a través do xogo co material dispoñible, o alumnado descubre prácticas físico- deportivas novas e non tan habituais no seu entorno como: tiro con arco, golf, deportes de raqueta, xogos con material alternativo, pelota vasca,  etc, que lle facilitan o coñecemento e acceso as mesmas, que de outra forma non terían.
Pretendemos en conclusión, a través do Departamento de E. Física, ademais dos obxectivos sinalados, recuperar o gusto polo xogo, o goze dun tempo de lecer en movemento con nosos compañeiros/as e as risas no patio:
!!!MOVERNOS CON FUNDAMENTO¡¡¡¡
 
 
O alumnado, o igual que o ano pasado, dispón de variado material deportivo, que este ano aumentou a súa dotación,
para o uso libre nas horas de lecer, que se atopa na zoa especial para iso sinalada ( o lado da porta de saída de Secundaría, o lado da Sala de profesores), sendo o seu uso regulado por alumnas/os colaboradores e a profesora de E. Física e  sempre tendo en conta a normativa, que a continuación detallamos.
 
 
 
 
 
 
NORMATIVA DE USO DO MATERIAL DEPORTIVO-RECREATIVO  PARA AS HORAS DE LECER

 

 
1.     O material deportivo- recreativo estará a disposición de tódalas/os alumnas/os do centro, para o uso e disfrute nas horas de lecer dos recreos / de 11:30-12:00 para Primaria e 12:15-12:35 para secundaria ( no caso de secundaria, poderán facer tamén uso nas horas de lecer de despois de xantar).

2.     Este material foi mercado polo Departamento de E. Física e  a materia de Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, dentro do Plan Deportivo de Centro e o fomento de “Hábitos de vida activa e saudable” con a idea de facilitarlle o alumnado opcións variadas de ocio e deporte, para aproveitar de xeito activo o tempo de lecer, para pasalo ben, xogar cos compañeiros/as e coñecer actividades físico- deportivas diferentes

3.     Todo o material poderá ser usado por Primaria e Secundaria, xa que os recreos non coinciden.

4.     O material se poderá atopar nun espazo destinado para el, chamado “ZONA DE LECER ACTIVO: MOVETE CON FUNDAMENTO”, situada a carón das portas de saída de Secundaria ( o lado da Sala de profesoras/es), onde tamén estarán situados os cuadrantes de prestamos onde os alumnos/as colaboradores, apuntarán incidencias e nomes de préstamo

5.     Para empregalo , ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SE PODERÁ FACER, A TRAVÉS DE SOLICITARLLO OS ALUMNO/AS RESPONSABLES DO MESMO ( NON A NINGÚN PROFESOR OU OUTRO ALUMNO), que son os que concederán o permiso e aos que haberá que devolvelo. Polo que, ningún alumno/a poderá coller o material sen a comunicación e permiso de ditos alumnos.

6.     O material de Infantil, só o poderá usar infantil e corresponderalle ás profesoras/es o adxudicalo.

 
7.     Os alumnos/as responsables, en caso de solicitar varios alumnos un mesmo material, concederán por orden de chegada dito material, e controlarán o tempo de xogo, para poder disfrutar todos, e só lles corresponde a elas/eles conceder ou non e como, o material.
 
8.     O-As alumnos/as que pida calquera material, son os mesmos que teñen que devolvelos , e non o poden prestar ou deixar a outros, sen comunicarllo os alumnos/as responsables. Así mesmo, o material, deberá quedar recollido, tal como se atopou, ( non deixalo no patio, ou fora das caixas, ou pezas soltas, etc)
 
9.     As alumnas/os que soliciten material para xogar no recreo, son responsables do seu uso adecuado e si dito material sofre algún dano por mal comportamento ou mal uso( emprego inadecuado, golpes, etc), SERÁN RESPONSABLES  DE PAGAR UN NOVO E TENDRÁN UNHA SANCIÓN O RESPECTO DO DANO OCASIONADO, ASÍ COMO NON PODERÁN VOLTAR A UTILIZALO ATA NOVO AVISO.
10.  Calquera dubida, preguntar os alumnos responsables ou a profe de E. Física de Secundaria: Mª Teresa Blanco .

11. E UN MATERIAL DE TODOS E PARA TODOS, TENDO A SORTE DE QUE O NOSO CENTRO NOS FACILITE DISPOÑER DEL, ASÍ QUE  XOGUEMOS ATOPANDO NOVAS FORMAS DE APROVEITAR O NOSO LECER, PASEMOLO BEN E RESPETEMONOS E RESPETEMOLO.

¡¡¡¡ DISFRUTADE!!!!
 
 
 
 
ALUMNAS/OS COLABORADORES RESPONSABLES DE PRESTAR O MATERIAL:
PARA SECUNDARIA:
- Hugo 2º ESO
-Andrea 2º ESO
- Ariadna 2º ESO
-Daniel 2º ESO
 
RESPONSABLES DE PRIMARIA PARA PRESTAMO MATERIAL DEPORTIVO 
 
5º E. PRIMARIA:
BRUNO
BRAIS B.
MARCOS
6º PRIMARIA:
MANUEL
PABLO
UXÍA
 

ANDAINA do 26 abril de 2017

 


O mércores 26 os alumnos/as  de secundaria dos centros escolares  dos concellos de Mugardos e Monfero (os CPI Mugardos e  Virxe da Cela)  realizaron unha ruta de senderismo , saíndo do Lugar de O Redondo na parroquia de Queixeiro, pasando pola ponte do Pulín, seguindo o percorrido por enrriba do canle de auga para subir polo antigo camiño Real ata o lugar de Hermida en San Bartolomé. O percorrido continuou polo camiño da Portixola para acadar  mirador de A Pena do Teixo,rematando a ruta, en Sanguiñedo despois de percorrer 11km.
O Departamento de E.Física e o CPI ten que agradecer a organización e colaboración do Concello de Monfero, a través do coordinador de Deportes (Amando), na realización de dita actividade e por darnos a posibilidade de poder participar nela

Distribuir contido


by Dr. Radut