Actividade organizada polo Departamento de Orientación. Para completar a formación en técnicas de estudo que no mes de febreiro comezamos co alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, o venres 15 de marzo, Belén Sanmartín volveu ao CPI Virxe da Cela para contarlles ás familias as técnicas de estudo que traballara co alumnado. O papel das familias non é coñecer todas esas técnicas e estratexias, senón que é a de animar, acompañar e supervisar. Entre outras moitas cuestións, a pedagoga Belén Sanmartín concluíu que as familias ante o estudo dos seus fillos e fillas:
1. Deben ser dialogantes pero non consentidoras.
2. Dicirlles exactamente o que deben facer e o que non cando lles pedimos algo.
3. Propoñer metas e esforzos realistas.
4. Delegar nos fillos e fillas a responsabilidade con respecto aos estudos.
5. Delegar tamén certas responsabilidades no fogar.
6. Promover hábitos saudables: sono, alimentación e exercicio físico, así como un ambiente de estudo adecuado.
“Unha información que non esta organizada non se pode estudar”