O CPI Plurilingüe Virxe da Cela participa está decido a aumentar o volume da actividade física semanal do noso alumnado. Para utilizaremos 4 dinámicas para que o alumnado fomentar a practica de actividade física nos alumn@s que aínda non fan deporte.
-Material variado na sala de profes para que se poida solicitar nos recreos e gardas (pin pong, balóns, frisbee e aros).
-Durante o segundo trimestre o alumnado de 4º da ESO levou a cabo unha liga interna de 6 equipos que contou cunha participación do 82% do alumnado da ESO. Os equipo foron mixtos e con alumnos de todos os cursos.
-Os alumnos do 3º-4º (ultimate, basket e fútbol) e 5º- 6º (basket, fútbol e rugby) de EP organizaron unha liga de baloncesto nos recreos. O alumnada de 5º e 6º participará nunha competición de ciclismo.
-Coa axuda do profesor de EF durante os dous primeiros trimestres levaronse a cabo sesións de tecnificación de fútbol sala para que as rapazas aumentaran a súa competencia de cara a práctica autónona no terceiro trimestre.
NORMATIVA DE USO DO MATERIAL DEPORTIVO-RECREATIVO PARA AS HORAS DE LECER
1. O material deportivo- recreativo estará a disposición de tódalas/os alumnas/os do centro, para o uso e desfrute nas horas de lecer dos recreos / de 11:30-12:00 para Primaria e 12:15-12:35 para secundaria ( no caso de secundaria, poderán facer tamén uso nas horas de lecer de despois de xantar).
2. Este material foi mercado polo Departamento de E. Física e a materia de Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, dentro do Proxecto de vida activa e deportiva do centro e o fomento de “Hábitos de vida activa e saudable” con a idea de facilitarlle o alumnado opcións variadas de ocio e deporte, para aproveitar de xeito activo o tempo de lecer, para pasalo ben, xogar cos compañeiros/as e coñecer actividades físico- deportivas diferentes
3. Todo o material poderá ser usado por Primaria e Secundaria, xa que os recreos non coinciden.
4. O material se poderá atopar nun espazo destinado para el, chamado “ZONA DE LECER ACTIVO: MOVETE CON FUNDAMENTO”, situada a carón das portas de saída de Secundaria ( o lado da Sala de profesoras/es), onde tamén estarán situados os cuadrantes de prestamos onde os alumnos/as colaboradores, apuntarán incidencias e nomes de préstamo
5. Para empregalo , ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SE PODERÁ FACER, A TRAVÉS DE SOLICITARLLO OS ALUMNO/AS RESPONSABLES DO MESMO ( NON A NINGÚN PROFESOR OU OUTRO ALUMNO), que son os que concederán o permiso e aos que haberá que devolvelo. Polo que, ningún alumno/a poderá coller o material sen a comunicación e permiso de ditos alumnos.
6. O material de Infantil, só o poderá usar infantil e corresponderalle ás profesoras/es o adxudicalo.
7. Os alumnos/as responsables, en caso de solicitar varios alumnos un mesmo material, concederán por orde de chegada dito material, e controlarán o tempo de xogo, para poder desfrutar todos, e só lles corresponde a elas/eles conceder ou non e como, o material.
8. O-As alumnos/as que pida calquera material, son os mesmos que teñen que devolvelos , e non o poden prestar ou deixar a outros, sen comunicarllo os alumnos/as responsables. Así mesmo, o material, deberá quedar recollido, tal como se atopou, ( non deixalo no patio, ou fora das caixas, ou pezas soltas, etc)
9. As alumnas/os que soliciten material para xogar no recreo, son responsables do seu uso adecuado e si dito material sofre algún dano por mal comportamento ou mal uso( emprego inadecuado, golpes, etc), SERÁN RESPONSABLES DE PAGAR UN NOVO E TENDRÁN UNHA SANCIÓN O RESPECTO DO DANO OCASIONADO, ASÍ COMO NON PODERÁN VOLTAR A UTILIZALO ATA NOVO AVISO.
10. Calquera dubida, preguntar os alumnos responsables ou a profe de E. Física de Secundaria.
11. E UN MATERIAL DE TODOS E PARA TODOS, TENDO A SORTE DE QUE O NOSO CENTRO NOS FACILITE DISPOÑER DEL, ASÍ QUE XOGUEMOS ATOPANDO NOVAS FORMAS DE APROVEITAR O NOSO LECER, PASEMOLO BEN E RESPETEMONOS E RESPETEMOLO.
¡¡¡¡ DESFRUTADE!!!!