Skip to Content

Ambientes de aprendizaxe de maio.

AMBIENTES DE MAIO

 

No ambiente de mates, lecto e ciencias traballamos experimentando con diferentes materiais naturais como arxila, especias, fariña, area… facendo trasvases, medicións, pesando, empregando a balanza e comprobando así as características dos diferentes elementos ao seu alcance, os seus límites e posibilidades á vez que traballan a coordinación, o movemento, a concentración, a motricidade fina, habilidades matemáticas e o método científico.

 

No ambiente de xogo simbólico e construtivo seguimos traballando a primavera, a través de actividades como: a creación dunha floristería. Nela, podían desenvolver multitude de accións, así como: plantar, vender, cobrar con diñeiro, facer ramos... A isto engadimos un circuito de coches e motos. Este estaba composto por todo tipo de sinais de tráfico e edificios típicos e importantes dunha cidade, como poden ser: un hospital, un colexio, o mecánico para os coches… Non podemos esquecer os dous minumundos nos que xogaron recreando a granxa.

 

Para traballar a imaxinación dispuxeron dun espazo de pezas soltas con:  madeira, cartón, pedras, creando diversas construccións... Ademais, tiñan a súa disposición unha zoa con cartón ranurado para crear esculturas a gran escala.

 

No ambiente artístico e sensorial seguimos traballando  a estación da primavera   nunha zoa destinada a plantar semillas de flores,  a través da manipulación de terra, auga, sementes e diversos materiais. Tamén poidemos crear as nosas propias obras de arte con acuarelas en papel, non obstante, tamén o puidemos facer en forma física, grazas a arxila branca, coa cal crearon diversos monicreques de dedo, os cales posteriormente puideron decorar. 

 

Por outra banda, puideron traballar a creatividade e a imaxinación coa zoa destinada a pintar sobre cartón, na cal soamente cun pedazo de cartón podían imaxinar mil cousas entre elas: barcos, flores, gatos, avións... Para rematar, mencionar a mesa de  pezas soltas, onde crearon xoguetes antigos mediante a manipulación de: corcho, palillos e mazorcas.

No ambiente de luces e sombras contamos con diversas propostas coas que experimentar coas posibilidades da luz e da escuridade. Traballamos con pintura flúor, pezas translúcidas e papeis de cores fluorescentes baixo a luz negra, tamén xogamos coas cabanas e ata montamos unha “discoteca” dentro do tipi. Sen dúbida non tivemos tempo para aburrirnos.

 

O vindeiro curso continuaremos!

 



page | by Dr. Radut