O profesorado do centro que participa na convocatoria do programa Observa_Acción. Con el, xerou novas formas e relacións de cooperación, colaboración e construción conxunta de aprendizaxe. Docentes do mesmo nivel, de distintas etapas e tamén o equipo directivo participaron desta experiencia que desenvolvemos no segundo trimestre do curso escolar.
A súa finalidade: a mellora da práctica docente.
Este programa esta deseñado para levarse a cabo durante dous cursos académicos e consta de catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan
4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza) experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
Nesta primeira fase do programa Observa_Acción, a que se desenvolve no segundo trimestre, o profesorado realizou observacións entre parellas docentes no centro educativo. Son observacións holísticas – a nivel xeral- e observacións focalizadas.
Nas primeiras, as holísticas, cada parella docente realizar unha reunión ou práctica reflexiva antes de realizala para concretar:
· momento, o espazo e a situación na aula da persoa observadora.
· papel, tanto da persoa observadora como da persoa observada.
· Os aspectos a analizar (ambiente de aula, explicacións, metodoloxía, actividades, organización, …)
· Os instrumentos a empregar durante a observación para a recollida de información.
· Despois, realizase unha nova reunión de análise para comentar aqueles aspectos observados para xerar unha retroalimentación positiva.
Despois, as observación son focalizadas, seguindo a mesma secuencia que as holísticas, pero en esta ocasión consensuando aspectos concretos a observar.