Ola familias!
Outro venres máis aquí estamos para contarvos as actividades tan chulas que fixemos estes días.
O xoves recibimos no cole unha visita moi especial, veu ensinarnos a súa profesión unha mariscadora de Camariñas chamada Yaki; contounos unha morea de cousas.
Entre elas, que dende nena quixo ser mariscadora, xa que é algo que lle ven de familia; ademais mostrounos o traxe que emprega para facer a súa labor no mar e como fai para protexerse tanto do frío como da calor.
Tamén nos ensinou os aparellos que emprega; como unha sacha, un rastrillo pequeno e outro máis grande para cando hai moita auga.
Credes que mestura todo o marisco nun mesmo caldeiro?
Nooooon!!!!
Emprega un aparello chamado buseta!
Pero… queredes saber cal é o mariso que captura??
Ameixas (fina, xaponesa) e berberechos!!
Credes que se pode coller marisco de todos os tamaños?
Nooooon!
Yaki, ensinounos que sempre levan entre a súa ferramenta un medidor que lles indica se o pode coller para vender na lonxa ou o hai que deixar na praia para que medre máis.
Tamén nos ensinou algo importantísimo para a nosa saúde, hai algún marisco que ten toxinas e en función do nivel destas pódenos facer máis ou menos dano.
Por último, contounos que para vender o producto que non leva á lonxa emprega a caracola que podedes ver ao final deste vídeo, a xente do pobo ao escoitala xa sabe que hai marisco e peixe fresco!
Mirade que ben soa!!!
Hoxe, puxemos a voar a nosa imaxinación e creamos este mural tan fermoso mesturando o mundo mariño e a estación na que nos atopamos. mirade que animais tan orixinais creamos coas follas do outono.
Saíron verdadeiras obras de arte!
A semana que ven máis e mellor!