O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPI Plurilingüe Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.
No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!