Un ano máis, estamos a piques de comezar un novo curso escolar. O curso 2020/2021 estará marcado por unha nova normalidade á que debemos atender, e así o faremos. Será un esforzo compartido en comunidade, como xa estamos acostumados e acostumadas a facer, porque se algo temos e demostramos é que ante os retos sumamos forzas e superamos barreiras.
Desta forma, o noso principal obxectivo neste curso será, coma sempre, o benestar do noso alumnado: nenos e nenas, rapaces e rapazas que necesitan de normalidade e de seguridade para desenvolver ao máximo as súas potencialidades.
Así, previsiblemente, arrancaremos o curso a partir do vindeiro día 10 de setembro nas etapas de Ed. Infantil e Primaria e a partir do día 16 na etapa de Secundaria.
Nos meses previos a este comezo de curso, no centro estivemos a traballar para que todo estea preparado coas máximas garantías de seguridade. Adaptamos espazos, materiais, recursos e tempos, atendendo sempre ás indicacións institucionais, en especial ás establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, tanto no borrador de protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 como nas diferentes instrucións publicadas ata o momento.
Dende o centro educativo queremos transmitir confianza. A mesma será posible se entre todas as persoas que formamos a comunidade somos quen de cumprir unhas sinxelas normas de seguridade que veñen determinadas polas autoridades sanitarias.
Pola nosa parte iredes recibindo cumprida información de todas elas e das nosas actuacións. Para isto empregaremos os seguintes medios:
- Páxina web do centro
- Aplicación AbalarMóbil
- Titorías telefónicas ou por videochamada
Ademais debido a estas especiais circunstancias imos celebrar reunións informativas cas familias antes do comezo das clases. As de Educación Primaria levaranse a cabo no seguinte horario:
Martes 8:
1º de EP: 10:00
2º de EP: 11:00
3º de EP: 12:00
4º de EP: 13:00
Mércores 9:
5º 6º de EP: 10:00
A ditas reunións terá que asistir un único membro por familia, sen nenos, con máscara e esperar fóra do edificio de Primaria a ser chamados pola titora para cumplir cas medidas preventivas.
As reunións da ESO serán na semana do 14 de setembro e enviarse por AbalarMóbil a convocatoria e publicarase na páxina web.
Por último aclaramos que a través da aplicación AbalarMóbil veredes a vosos fillos e fillas aínda no curso pasado porque ata o 9 de setembro a Consellería non fai o paso ao novo curso.
Un agarimoso saúdo,
O Equipo directivo