Os exames de setembro levaranse a cabo de forma presencial segundo o horario previsto e que se pode consultar nesta mesma páxina web.
O centro adoptou todas as medidas de seguridade fronte ao Covid 19 que a Consellería de Educación indicou no protocolo ao respecto.
O alumnado virá provisto de máscara e do material necesario para realizar o exame.
Cada alumno terá asignado un pupitre que utilizará para facer todos os seus exames, tanto os do martes como os do mércores.
Os alumnos que teñan libros do fondo solidario ou de préstamo do colexio deberán deixalos na súa mesa ao rematar o seu último exame.
Aproveitamos para informar que a administración do centro abre a partires do luns 31 de agosto en horario de 9 a 14 horas.