O próximo venres 19 de xuño, coincidindo co día do remate das actividades lectivas, realizaremos a entrega de notas do alumnado Ed. Infantil e Ed. Primaria. Será presencial, por parte das titorías, nas respectivas aulas e acudirá a recollelas unha persoa adulta por cada familia.
Igualmente, procederase á recollida dos libros de texto (Fondolibros) dos cursos 3º e 4º de Ed. Primaria que, como sabedes, a súa entrega é condición indispensable para ter acceso a novas axudas.
Tamén se recollerán os libros da biblioteca que poidades ter nas casas.
Ademais das notas entregarase a documentación necesaria para formalizar a matrícula e a lista de libros do curso que vén .
Na aplicación Abalar poderanse ver as notas a partires do martes 23 ás 13:00, xa que temos que agardar polas da ESO.
As normas de acceso ao centro son:
- Unha única persoa por familia. Non se pode acceder ao centro con menores.
- Manter en todo momento a distancia de seguridade.
- Uso de mascarilla dentro do Centro.
- Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans.
Horarios:
Ed. Infantil
De 10:15 a 11:30 h: 4º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
De 10:15 a 11:30 h: 5º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada de Ed. Primaria).
De 10:15 a 11:30: 6º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
Ed. Primaria
De 10:15 a 11:30 h: 1º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De10:15 a 11:30 h: 2º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 12:30 h: 3º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 12:30 h: 4º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 11:35 h: 5º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:45 a 12:30 h: 6º de Ed. Primaria (acceso pola porta da etapa de ESO. Será na aula de usos múltiples).
Se alguén non pode acudir neste día e hora poderá recollelas na conserxería do centro o luns 22 de 9:00 a 14:00.
Agradecemos de antemán a súa colaboración