O 22 de abril celébrase o do día da Terra,este ano foi o 50 Aniversario, e dende a Comunidade # Polo clima lembramos, que a pesar de estar confinados na casa podemos seguir aportando o noso gran de area, para reducir o impacto que temos no planeta. Isto pódese facer cunhas transformacións no noso propio fogar, que o farán máis sostible e saudable.
Algunhas destas accións son:
• PECHA A BILLA
Mentres lavas os dentes, te afeitas ou enxaboas as mans, evitando gastar auga innecesaria.
• USA O LAVALOUZAS
Pode aforrarte 30'6 litros de auga diarios , xa que consume 9 veces menos que fregar a man.
• TAPAR AS POTAS
Con este xesto tan sinxelo mentres cociñas, aforras un 25% de enerxía, e se utilizas o tamaño adecuado, aforrarás un 90%.
• UTILIZA O MICROONDAS EN LUGAR DO FORNO
O microondas é máis eficiente, consume un 65% menos de enerxía.
• REDUCE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS
¿Sabes todo o que se perde cando tiras a comida ó lixo? ¿toda a enerxía, auga, transporte, almacenamento e xestión de residuos que conleva ese xesto?