O día 3 de Febreiro do 2020, o Departamento de Francés a través da profesora da materia Laura (e as súas aprendices de repostería Lucía e Clara) , celebrou no centro “O día do Crepe” facendo de “Master Chef” e agasallaunos durante a mañá con deliciosos crepes feitos “in situ” (en vivo e en directo) por ela, con ingredientes 100% naturais, e recheos de plátano e chocolate, promocionando ademais hábitos saudables de alimentación e facéndonos máis agradable e doce a xornada ademais de darnos a coñecer aspectos da cultura francesa.