Skip to Content

Encontro de Ecocomedores

Neste curso estamos participando no proxecto de ecocomedores. O pasado 26 de outubro  de 2019 celebrouse no CEIP Bragade de Cesuras,  un curso de formación chamado "Circuito Corto" a cargo do Proxecto Ecocomedores.
Nesta xornada reuníronse cociñeiros, responsables de comedor, docentes, pais e nais de varios centros participantes no proxecto con distintas asociacións de produtores como  o GDR (Grupo de desenvolvemento rural de Betanzos) ou ALEGA.


 
Coa axuda de Nani Moré, unha recoñecida cociñeira catalana, aproximámonos a contidos tan interesantes como: cantidade de verdura a consumir por un adulto e un neno en cada comida, calcular o prezo do menú, os produtos de cercanía ou elaborar un menú semanal.
Entre todos os participantes no curso, realizouse un menú consistente en: lentellas vexetais, ensalada de col e arroz integral con verduras de tempada. Rematouse o curso ca degustación do menú e a posta en común das opinións dos participantes.

 

 



page | by Dr. Radut