Skip to Content

ONG “TALLER DE SOLIDARIDADE”- PROXECTO “ENTRENO CONCIENCIA”

 

 
O  Xoves 20 de Decembro, organizado polo Departamento de Educación Física de Secundaría e Orientación, e como parte da programación da materia de E. física , a ONG “Taller de Solidaridade” , impartiuse no centro en horario de 9:45-11:15 para 3º e 4º de ESO e de 11:15 a 12:30 para 1º e 2º de ESO, un Obradoiro  dentro do Proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento “ENTRENO CONCIENCIA”, sobre a educación en valores e Deporte e Comercio Xusto, financiado pola Xunta de Galicia ,no que participan ademais do noso, varios centros educativos da nosa comunidade.
 

O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega , sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre o medio e as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotián como é a práctica de deporte. Somos conscientes de que o deporte mobiliza emocións e inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas, a través dos valores que transmite: esforzo, superación, igualdade, solidariedade, compañeirismo e, sobre todo, respecto por un xogo limpo. Estes son valores que tamén representa o Comercio Xusto Con esta proposta, preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
 
 
 O proxecto consta de varios compoñentes :
 
O que levamos a cabo no noso centro e ó COMPOÑENTE EDUCATIVO, dirixido a nenos e nenas de 12 a 15 anos de Centros Educativos das diferentes cidades de actuación. Consta dunha serie de actividades dirixidas a traballar sobre as regras actuais do mercado internacional e como favorecen que nos países fundamentalmente produtores, viólense de maneira sistemática os dereitos humanos, foméntese a explotación laboral (que afecta en gran medida a mulleres e nenos e nenas) e a degradación ambiental, xerando grandes desigualdades sociais que evitan que moitas persoas podan saír do círculo da pobreza. Esta temática traballarase mediante dúas ferramentas, durante o obradoiro:
 
         1. Actividades deportivas
2.  Actividades lúdicas.


page | by Dr. Radut