O pasado 30 de maio Paloma, psicóloga de Asperga (Asociación Galega de Asperger) contou ao alumnado de 5º de primaria e de toda a ESO o que lles pasa as persoas con síndrome de Asperger: teñen dificultades para expresar e identificar as emocións e para as relacións sociais, gustan da rutina e teñen unha intelixencia normal ou superior á media, entre outras cousas.
Para entender isto mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:
-
Que me respecten.
-
Que me respondan cando pregunto algo.
-
Que non me traten como se fose invisible.
-
Que se preocupen por min se me pasa algo.
-
Que non me miren como se fose un “bicho raro”.