Skip to Content

blogue deadmin

Obradoiro Habilidades sociais e xestión emocional

Educar en positivo

Obradoiro organizado pola ANPA en colaboración coa Fundación Ayuda en Acción sobre as habilidades sociais e a xestión emocional como recurso para favorecer o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas.

Será o próximo martes, día 14 de maio en horario de 16.45 h a 18.15 h.

A mesma contará con servizo de ludoteca para o alumnado do centro. 

No arquivo adxunto concrétanse as formas de inscrición.

Bono deporte

O alumnado de 2º da Ed. Primaria a 4º da ESO por estar inscrito no programa Xogade (en colaboración co Concello) pode acollerse ao Bono deporte ofertado pola Xunta.  

Dentro do Bono entra a compra de material e equipamento deportivo para o menor ou contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva. Cada bono terá un valor de 120 e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal así, como toda a información da convocatoría.

A descarga polas persoas beneficiarias será desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024.

 

 

CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

COMEDOR

Colaboradores comedor:
 
Está aberto o prazo para a admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolara durante o curso 2024-2025.
 
As familias interesadas en colaborar deberán apuntarse nas listas de admisión que se atopan habilitadas para este fin na Dirección. O prazo permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024.
 
 
 
 
Información sobre alérxenos:
 

 

Menús do curso 2024-25:

Os menús poderán ser modificados por causas imprevistas.

 

Lembramos que aqueles alumnos/as que non poidan tomar algún tipo de alimento deberán aportar un xustificante médico.

Setembro Outubro Novembro Decembro Xaneiro
Febreiro Marzo Abril Maio Xuño

 

 

 

 

                                                                                                                            

     

                                                                         Calculadora simulación taxa                              Faltas comedor

Instrucións pago comedor escolar    

Solicitude comedor 24-25

 

 

 REGULAMENTACIÓN ACTUAL DO FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES.

  • Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG, 05/03/2007) pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo do comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

PERÍODO DE FUNCIONAMENTO

 

  • Desde o 11 de setembro de 2023 ata o 20 de xuño de 2024, ambos os dous incluídos.

CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

SE CHE GUSTA A LECTURA, AQUÍ ESTÁ O QUE ANDABAS A BUSCAR

Saúdos dende Tenerife

O alumnado de 3º e 4º da ESO está en Tenerífe ca viaxe de fin de etapa, dende alí envíannos saúdos e algunhas fotos para compartir:

 

 

 

O noso alumnado visita a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela

O alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe

 

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

 

               

 

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

 

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

 

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título éA Vaquiña polo que Vale.

Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.

Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.

Aquí podedes ver uns vídeos cos traballos que fixeron os nosos nenos:

 

 

 

 

 

CAMBIO DE XORNADA

Informamos de que iníciase o proceso de votación do sector de pais, nais ou titores legais para o cambio de xornada de partida (que temos agora) a xornada mixta, segundo a Orde de 29 de maio de 2008 (DOG nº 109, 6 de xuño de 2008).

Informamos da proposta de actividades extraescolares para o curso que ven:

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O CURSO 2017/18

 

SEN CAMBIO DE HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE

BADMINTON

FUTBOL SALA

 

PSICOMOTRICIDADE

INICIACIÓN ATLETISMO

 

PROPOSTA HORARIO NOVO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE/

BADMINTON

FUTBOL SALA/

PSICOMOTRICIDADE

FUTBOL SALA

9-12 ANOS

FUTBOL SALA

13-16 ANOS

INICIACIÓN HABILIDADES

ATLETISMO

 

PISCINA

Dependendo de como transcorran as actividades pódense facer cambios cada trimestre, incorporando outras modalidades como mini-basket, orientación, voleibol, etc. No último trimestre pódense facer algunhas competicións como de fútbol sala 3x3, tenis de mesa, xadrez, etc.

 

Tamén, no taboeiro da entrada de administración, atópanse as listaxes do censo para a súa consulta e corrección de erros, de ser o caso.

A proposta de cambio de xornada é a mesma que se fixo o curso pasado, sería para reducir o horario os mércores, xoves e venres, nos que o alumnado salería ás 15:35 horas (55 minutos antes). Os luns e martes o horario de entrada e saída sería o mesmo que agora. Estes cambios non afectarían aos servizos de comedor e transporte, que seguirían funcionando cos cambios de horario pertinentes.

Así mesmo,  informamos que o venres 21 de abril haberá a votación do sector de pais, nais ou titores legais para aprobar este cambio na xornada. O mércores 19 de abril faremos unha reunión informativa.

Saúdos,

 

A dirección

Información urxente:

PECHE DO CENTRO XOVES 23 DE MARZO

Informamos que por mor das condicións metereolóxicas e pola falta de corriente eléctrica, o centro permanecerá pechado o día de hoxe, xoves 23 de marzo, desde as 10.30 en adiante.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut