Skip to Content

Listaxe de admitidos

Informamos de que están expostas no taboeiro do centro as listaxes de novo alumnado admitido para o curso 2020/2021.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo, a través desta páxina web iremos informando das quendas para a vir formalizar a matrícula.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Informamos de que vén de publicarse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020/2021

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 20 de maio ao 19 de xuño.

Os requisitos e demais información sobre a convocatoria pódese consultar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica co formulario normalizado Anexo I, a través da sede electrónica:

Sede electrónica, procedemento ED330B

Tamén se poderá presentar de forma presencial para iso pode optar por:

1.- Enviar un email ao centro e achegar os seguintes datos:
- Nome, apelidos e DNI da persoa solicitante (pai, nai, titor ou titora).
- Nome, apelidos  e curso no que se vai a matricular para o ano académico 2020/21, de cada fillo ou filla que o solicita.
- Tamén deberase indicar si non autoriza a consulta telemática dos datos fiscais.  No caso de que si a autorice non fai falta que o indique.

Unha vez que nós recibamos a súa mensaxe con estes datos xeraremos a solicitude e citarémoslles para que veñan revisala e aportar a documentación requerida e de estar todo correcto, levala para asinar por todos os membros computables da unidade familiar, tras o cal deberá ser entregada no centro para validala.

Lembramos o email do centro: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

Importante: Todas aquelas familias que teñan outros fillos ou familiares que consten na súa unidade familiar, deberán indicarnos os seus datos (nome, apelidos e DNI, así como indicar o grao de discapacidade si o houbera) para incluílos na solicitude, porque Fondolibros recupera os datos familiares de Xade e si xa non están a estudar no centro, non van aparecer na solicitude.

2.- Solicitar cita no teléfono 981777606 en horario de 10.00 a 13.00, ou por Whatsapp no 679 51 41 42 e facer a solicitude no propio centro.

Lembramos que nestes momentos o centro non está aberto ao público polo que non se atende sen cita previa.

Impresos para facer a solicitude: Anexos I e II

Cando chegue o momento de voltar… como imaxinariamos esa nova realidade?

O Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 

 No DOG do 6 de maio, publicouse o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado.

 Para a realización  deste proceso o equipo directivo do centro informa do seguinte:

 O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de mañá no Centro.

Publicación de listaxes provisionais de admitidos / non admitidos  o 8 de xuño.

 Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 09.00 a 14.00h na secretaría do colexio.

 Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.

 Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

 Como norma xeral para a realización deste trámite a o equipo directivo recomenda facer esta solicitude de admisión de alumnado a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia xa que se trata do medio máis seguro para evitar contaxios indexados.

 Se non se puidese facer deste xeito pregamos que se cumpran estas

 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

 Farase por petición de cita previa no tlfno.:981777606   ou a través do email:   cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

 Non se atenderá a ninguén sen cita previa. No caso de presentarse persoas sen cita, ésta facilitaráselle con data e hora para poder seguir as normas de protección.

 Pregamos que na medida do posible, acuda unha única persoa para realizar a xestión.

 Deberase acudir con mascarilla, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto de como mínimo dous metros.

 NOTA IMPORTANTE: O Centro estará aberto desde o  luns 11, única e exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas, por favor, usen o correo electrónico: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión.

Día da EF na casa

Este martes, 28 de Abril do 2020, celebrouse o Día da EF na casa, idea proposta polo COLEF (Colexios Oficiais de Educadores/as Físico Deportivos/as de España).

 Dende a área de EF, en EI e EP, quixemos formar parte desta gran iniciativa, poñendo o noso gran de area.

 Deixámosvos o vídeo para que o disfrutedes tanto coma nós facéndoo:

 

 O xornal "Enfoques" quixo facer eco desta proposta, nomeando ao noso colexio, entre outros, e mostrando o vídeo que fixemos. Grazas!

 Non o esquecedes...O movemento é vida.

Día da Terra. Consellos

 
O 22 de abril celébrase o do día da Terra,este ano foi o 50 Aniversario, e dende a Comunidade # Polo clima lembramos, que a pesar de estar confinados na casa podemos seguir aportando o noso gran de area, para reducir o impacto que temos no planeta. Isto pódese facer cunhas transformacións no noso propio fogar,  que o farán máis sostible e saudable.
 
Algunhas destas  accións son:
   PECHA A BILLA
Mentres lavas os dentes, te afeitas ou enxaboas as mans, evitando gastar auga innecesaria.
 
 
   USA O LAVALOUZAS
Pode aforrarte 30'6 litros de auga diarios , xa que consume 9 veces menos que fregar a man.
 
   TAPAR AS POTAS
Con este xesto tan sinxelo mentres cociñas, aforras un 25% de enerxía, e se utilizas o tamaño adecuado, aforrarás un 90%.
 
   UTILIZA O MICROONDAS EN LUGAR DO FORNO
O microondas é máis eficiente, consume un 65% menos de enerxía.
 
 
    REDUCE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS
¿Sabes todo o que se perde cando tiras a comida ó lixo? ¿toda a enerxía, auga, transporte, almacenamento e xestión de residuos que conleva ese xesto?
 
 

Movemento no confimamento

Profesorado, alumnado e familias do "Cpi Plurilingüe Virxe da Cela" uníronse de maneira virtual para promover o movemento nestes días de confinamento.

 

Dende a área de EF de EI e EP propúxose un baile grupal  que deu lugar a esta marabillosa actuación. Grazas pola vosa participación.

 

 

SERVIZO DE IMPRESIÓN PARA ESCOLARES DOS CONCELLOS DE MONFERO e IRIXOA

O Concello de Monfero puxo en marcha un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes ou documentos para escolares.

O Concello imprimirá a documentación para facer os exercicios da escola a aqueles nenos e nenas que o precisen e levarallos á casa respectando as medidas de prevención.

Os interesados e interesadas deberán comunicalo a través do correo: servizoimpresion@monfero.es ou do teléfono 981793885.

Será necesario que os alumnos ou alumnas estean empadroados en Monfero para poder facer uso deste servizo.

 

O Concello de Irixoa tamén se une a esta iniciativa:

AUTORRETRATO CON LIBRO. CELEBRA CON NÓS O DÍA DO LIBRO

No CPI Virxe da Cela conmemoramos o día do libro con estes autorretratos nos que participou toda a comunidade educativa:

 

Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar nunha actividade para conmemorar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:

Instrucións:

Dirixido a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Tema:  A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía.
Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.

As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020

Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro.

Se buscades en internet "Bookfaces", atoparedes moitas ideas.

 

No blog da biblioteca podedes ver as que xa fixeron algúns profes: acceso ao blog

 

Distribuir contido


by Dr. Radut