Skip to Content

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  E por iso no CPI Plurilingüe Virxe da Cela , onde convivimos e estudamos, onde nos divertimos e formámonos como persoas, quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade  de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos  berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!

Bo Nadal!

Estamos nun ano atípico pero non por iso queriamos perder a celebración do Nadal.

Tal vez non sexa a celebración á que estamos acostumados, pero non por iso vai ser menos especial.

Así que... dalle a play...e goza deste festival virtual tanto coma nós gozamos facéndoo:

 

 

 

 

 

Máscaras de protección para o alumnado

 

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

Informámos de que a Consellería de Educación repartirá máscaras de protección de forma gratuíta a todo o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (vale de 50€ para material). Todo este alumnado recibirá ás súas máscaras en canto as teñamos no centro sen necesidade de facer unha solicitude.

 Aqueles alumnos ou alumnas de Educación Primaria e Secundaria que non fixeron a solicitude de axudas de fondo libros e material escolar, e que reúnen algún destes 4 requisitos deberá presentar a solicitude antes do dia 27 de novembro:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 • Alumnado matriculado en educación especial.

 • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 O modelo de solicitude o podedes descargar aquí: Anexo I e II

 

CAMBIO DE XORNADA DEBIDO AO COVID 19

 Informamos que a partires do luns 5 de outubro e ata o remate da situación sanitaria actual o horario lectivo será:

 

 Hora de entrada: 9:45

 Hora de saída:

      - Luns e martes: 16:30

      - Mércores, xoves e venres: 15:30

 

Isto non afecta ao número de horas de docencia nin ao servizo de comedor que seguirán funcionando como sempre.

Este horario adoptouse para poder levar acabo con seguridade as medidas marcadas polo protocolo do Covid e está autorizado exclusivamente mentres duren as medidas sanitarias marcadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.
Co novo horario a etapa de Educación Infantil remata o seu horario lectivo todos os días ás 15:20. Esta etapa ten o xantar ás 13:40, e despois, todos os días, unha última clase de 14:20 a 15:20.
A etapa da Educación Primaria remata o seu horario lectivo ás 14:45, despois teñen o xantar ata as 15:25.
Ambas etapas os luns e os martes teñen un tempo de lecer acompañados do profesorado de garda ata a saída dos buses ás 16:30.
Os luns e martes saen a esta hora para que a etapa da ESO poida impartir todo o seu horario completo: 32 períodos lectivos.

 

 

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2022-2022

Achegamos o Plan de adaptación ao contexto Covid 19 do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Preme na imaxe para descargar o documento:

 

Horario de saída os martes no mes de setembro

 

Lembrámosvos que, como sabedes, os martes no mes de setembro a hora de saída é ás 16:30. O resto dos días segue sendo ás 15:30

 

ADIADO O INICIO DE CURSO NA ESO

 O inicio de curso en secundaria foi adiado ao 23 de setembro. Como estaba previsto, o inicio das clases será escalonado, quedando do seguinte xeito:

 23 de setembro: 1º e 2º de ESO

 24 de setembro: 3º de ESO

 25 de setembro: 4º de ESO

 Lembramos que mañá martes 15 de setembro terán lugar as reunións informativas cas familias da ESO.

 

REUNIÓNS DAS FAMILIAS DA ESO

Estimadas familias:
Debido ás especiais circunstancias deste comezo de curso imos celebrar as reunións informativas coas familias antes do comezo das clases. Levaranse a cabo o martes 15 de setembro, na aula de Usos Múltiples e de xeito secuenciado segundo o seguinte horario:
1ºESO: 10.00
2ºESO: 11.00
3ºESO: 12:00
4ºESO: 13.00.
Para poder cumprir coas normas de seguridade vixentes, asistirá un único membro por familia, sen nenos, con máscara  e agardando  a ser chamados pola titora na zona do patio da do edificio da ESO.
Saúdos,
A dirección

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS NA ESO

Informamos que tedes exposta na entrada de administración a listaxe definitiva do reparto de Fondolibros para 3º e 4º. Tamén se poden consultar a través da aplicación Fondolibros usando un cerificado dixital. Debido á Lei de protección de datos non se poden publicar na web nin informar por tetéfono.

No caso do préstamo de libros que fai o centro en 1º e 2º de ESO tamén tedes exposta a listaxe do reparto.

Respecto a 1º de ESO podemos informar que todo o alumnado matriculado antes do 10-9-20 recibirá os libros de Xeografía e historia, Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés.

Os libros entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut