Skip to Content

Indios de Monfero

Espazo do alumnado da aula de Educación Infantil de 4º curso.

FACENDO RUIDO NO ENTROIDO INDIO

Benqueridas familias!!
Despois dun tempo de reflexión, volvemos ás nosas tarefas diarias!!
Coa chegada de Andree, tiñamos algunhas cousas pendentes, pero esta semana o entroido ocupou a maioría do noso tempo!!
Aquí tendes algunhas fotos que mostran esta semana de entroiadas e de volta ao traballo!
Comezamos cunha actividade de realidade aumentada proposta polo profe Diego, no que pintamos algúns animais, e logo puidemos velos en 3D na pantalla do ordenador!
 
 
 
Por outro lado, tiñamos pendente rematar o disfraz de Ana!!
Tarefa na que Elisa quixo colaborar!!
 
 
Desde que chegou Andree, somos 11, polo que todos os días tiñamos algunha discusión
porque algún deles quedaba fora da recta numérica, polo tanto tivemos que plastificar o número 11 e colocalo no seu sitio!!!
 
 
Todo isto sen deixar de lado as nosas rutinas diarias coma poñer os mandilóns para merenda, 
e repartir os manteles!!
 
 
Outra cousiña que tiñamos pendente foi rematar os átomos nos que reflexamos
a nosa comida, animal e color favorito,
para traballar o autoconcepto, así coma para fomentar a nosa autoestima.
 
 
Entre todos completamos o mural de Draco,
personaxe co cal traballamos as nosas competencias emocionais!!
 
 
Tamén houbo tempo, coma sempre, para xogo libre por recunchos...
 
 
E Por fin chegou a gabeta para Andree,
xa pode gardar as cousas na que ten o seu nome!!
 
 
E tamén o seu nome con plumas indias no seu percheiro!!!
 
 
E para rematar Andree de Xefe Indio!!
 
 
Rematamos cun pouco de lectura colectiva!!
 
 
Moreas de bicos e apertas para tod@s!!
 
"MI PADRE FUE A LA ESCUELA A APRENDER A LEER, MI HIJ@ VA A APRENDER A VIVIR"
MARIA DE MAR ROMERA MORÓN
 
 

VIAXAMOS ÁS PRADEIRAS DE NORTEAMÉRICA

 
Moi boas familias!!!
Aquí estamos de novo para contarvos as nosas andainas desta semana, nas que decidimos profundizar no proxecto dos indi@s, retomando aspectos que deixamos un pouco de lado pola chegada do Nadal!!
E tendo en conta, que nuns días, pasaremos a centrarnos no Entroido e no Día da Paz!!
Comezamos!!!
Three, two, one...GO!!!
 
Comezamos o luns con Asier de Xefe Indio!!
 
 
Ensinándolle a Andree a facer coiares de colores!!!
 
 
"Os amigos do 10"
 
 
Esta semana, Andree fixo por primeira vez de xefe indio!!
E...coma se o fixera todos os días!!!
 
 
Fixemos unha fogueira para a Asamblea india e aprendimos como se comunicaban os indios...
mediante señais de fume!!
 
 
Un pouco de Arte en grupo!!!
 
 
Outro pouco de Arte moderno!!!
 
 
E Elisa de Xefa India!! Coa nova fogueira da Asemblea!!
 
 
Mateo Babío ensinando as difstintas tribus indias:
Cherokees, Navajos, Sioux e Apaches!!
 
 
Bruno realizando tarefas de Xefe Indio!!
 
 
Novos recunchos de lectura!!
 
 
Construindo os nosos átomos para coñecernos un pouco máis
 
 
A nosa comida favorita...
 
 
O noso animal preferido...
 
 
E o color que máis nos gusta!!!
 
 
Compartindo...xogos...e momentos!!
 
 
E por último, esta semana visitamos a biblioteca
para unha actividade de realidade aumentada!!!
 
 
E rematamos a semana explicando aos alumnos de 4 e 5 anos,
todo o que levamos aprendido ata o momento da civilización dos indios de Norteamérica!!
 
 
 
 
Isto é todo ata o de agora!!!
Vémonos a próxima semana!!
Moreas de apertassss
 
 
 

Coñecendo a Andree

 
 Como xa sabedes...agora somos 11!! Temos un novo Indio na Tribu de Monfero!!
Polo que estes primeiros días son para presentacións, creacións de vínculos afectivos e compartir moitos xogos e experiencias!!
 
Comezamos explicándolle como facemos a Asemblea!!
 
 
Como xogamos por recunchos!!
 
 
Cómo colocamos o mandilón!!
 
 
Onde lavamos as mans!!
 
 
Como repartimos manteles!!
 
 
Como cazamos animais!!!
 
 
Onde lemos contos!!
 
 
Fixemos as árbores do inverno!!!
 
 
E amasamos plastilina novaaa!!!
 
 
Merendoleamos...
 
 
Compartimos contos novos de animais...
 
 
E tamén lle ensinamos onde e como lavamos os dentes!!
 
 
Explorando no recuncho de experimentación...
 
 
E pasando lista para saber quen falta!!
 
 
As aprendizaxes mais importantes da vida...fanse xogando!!
Francesco Tonucci
 
Ata a semana que ven
Bicos e apertas
 

Aniversario de Mateo Babío!!

 
Moi boas familias!! De novo estamos aquí para amosar o primeiro aniversarsio do ano 2020!!
Xa cambiamos de cifra...agora cumprimos 4 anos..e estamos moi emocionados!!!
Coma de costume...preparamos o espazo para dar 4 voltas ao sol, pasando polos 12 meses do ano e facendo un recordatorio a través de fotografias do protagonista ao longo deste tempo!!
E rematamos cunha boa merendola elaborada pola familia de Mateo, para encher ben as barrigas antes de saír ao patio!!
 
 
 
Moitas grazas pola vosa participación!!
Bicos e apertas
 

VOLTA Á RUTINA

Benvidos de novo familias despois destas primeiras vacacións de Nadal!!!
Esta semana foi un pouco curta...polo que aproveitamos para intercambiar historias, decorar o noso tipi indio, recordar as nosas rutinas e retomar as nosas tarefas!!
Ademáis, temos unha noticia moi importante que contarvos...chegou un compañeiro novo ao cole!! Chámase Andree e ten 3 anos coma nos!!
 
Comezamos coa decoración do Tipi!!
 
 
E aquí poderedes observar como damos a benvida a André!!
 
 
Xogando polos distintos recuchos
 
 
E ensinándolle todos os materiais da aula!!
 
 
Pero tamén continuamos coas aprendizaxes de lecto...
comezando coas letras dos nosos nomes!!
 
 
E rematamos cunha imaxe das nosas merendolas...
co conto dos 3 porquiños que lles encanta!!
 
 
Esperamos que desfrutedes en familia destas fotos!!
Ata a próxima semana!!
Bicos e apertas!!

BO NADAL!!!

 
Benvidos, unha vez máis, á última semana antes das vacacións de Nadal!!
Non podíamos marchar sen mostrar as últimas andainadas dos Indios de Monfero!!
Estos días deixamos de lado as nosas rutinas diarias para adicarnos en exclusividade aos ensaios, preparativos e demáis experiencias navideñas do cole!!
 
Esta vez comezamos con Paula...que estivo un pouco enferma e tiña tarefas pendentes!!
 
 
Preparamos as bolsas de Nadal...para levar as notas e os agasallos navideños!!
 
 
 
E desixamos a pegada do noso nome,
para ir vendo a evolución ao longo do curso!!
 
 
Pero o que máis fixemos esta semana...
é xogar con todos os materiais que coñecimos este trimestre!!
De forma libre e autónoma!!
 
 
O tipi e os bonecos!!
 
 
As pizarras blancas!!
 
 
Os animais!!
 
 
Encántanos xogar no corredor...
con contos ou có dado xigante na recta numérica!!
 
 
E tamén nos encanta xogar coa ruleta das emocións!!!
 
 
Montando unha batería caseira...
 
 
No xeoplano xigante!!!
 
 
 
Utilizamos os pinchos para multitude de cousas...
como cociñar...esconder cousas...transportar!!!
Son todo imaxinación!!
 
 
E limos moitos contos...do cole...da profe...da biblioteca!!!
Contos, contos e máis contos!!!
 
 
Deséxovos unhas festas cheas de saúde, maxia e ilusión!!
Vémonos á volta de vacacións, con enerxías renovadas e moitas ganas!!!
Saúdos e apertas!!
Bicos a moreas!!
Bo Nadal!!

Jingle Bell Rock

 
Bo Nadal Familias!!
Aquí estamos de novo para comentar as nosas andainas semanais!!
Xa estamos preto das vacacións de Nadal e iso require moitos preparativos: ensaios, disfraces, decoración, obradoitos navideños...pero sen deixar de lado as nosas rutinas e xogos diarios!!!
Os luns recibimos unha visita sorpresa...a familia de Mateo Babío agasallounos cun tipi xigante que se convertíu no noso recuncho favorito da aula!!
 
 
Polo que aproveitamos este momento para facer os nosos tipis personalizados!
 
 
E despois de traballar un pouco...xogamos no recuncho do tipi!!
 

 
 
E para rematar o día...xogo novo coa nosa bolsa sorpresa!!!
 
 
Ohhhhhh!!!
 
 
A ver a ver...
 
 
Según o número que saía...
íamos dando saltos na recta numérica ata que o atopábamos!!
 
 
 
 
E despois dábamos tantos saltos coma o número indicaba!!
 
 
Logo colocábamos na estantería por orde de saída...
sempre cara á dereita, coma cando escribimos!!
 
 
E aquí temos a Pauli facendo a asamblea!!
 
 
Contando cantos viñemos a clase...
 
 
Colocando o día que vai fora...
 
 
Colocando as letras do seu nome de forma ordeada!!
 
 
Debuxándose na pizarra!!!
 
 
Esta semana Elisa tamén foi encargada!!!
 
 
E comezamos a colocar as novas aprendizaxes no mural do proxecto!!!
 
 
Durante o xogo por recunchos,
Ulises construiu unha piscina á súa medida!!
 
 
E pasamos moito tempo na mesa de experimentación!!
 
 
Descubrindo as características dos distintos elementos de outono!!!
 
 
Tamén aproveitamos para decorar o corredor cós nosos cds reutilizados para o Nadal!!!
 
 
E logo a merendar!!!
 

 
Despois da merenda..toca patio...e hoxe temos un novo xefe indio!!!
 

Outro día Elisa trouxo un arco e unhas flechas indias...

 
E ensinounos a todos cómo utilizalo!!
 
 
Tamén trouxo un pao de chuvia!!!
 

 
Polo que tamén aproveitamos para ver cómo eran os indios...
 
 
E cómo somos nós!!!
 

 
E para continuar có espiritu navideño...
sacamos unhas fotos na nosa árbore de nadal!!
 

Antes de marchar para casa, o /aencargad@, e algún axudante,

gardarán os nomes no bote, e as axendas e augas nas mochilas...mentres nos, lavamos os dentes!!!

 
Moito ánimo para esta última semana!!
Bicos e apertas!!
E ata a próxima semana!!

 

CHEGOU O NADAL!!!

 
Hola de novo familias!! Aquí estamos unha vez máis para comentar as nosas andainas semanais!!!
O luns comezamos cos ensaios para a actuación de nadal...e á volta...viñemos con fame, polo que Asier repartíu os manteles, e a merendar!!!
 
 
 
Os luns, tamén temos atención educativa...polo que logo xogamos un pouco!!!
 
 
Recollimos todo...e marchamos a comer!!!
 
 
 
E pola tarde, tivemos unha sorpresa...outra obra de teatro...esta vez de monicreques!!!
 
 
O martes, que ven Diego, fixemos zume de laranxa!!!
 
 
Bruno, que era o encargado, repartíu os vasos de chupito...
 
 
E entre tod@s fixemos o zume!!
 
 
Que non falten nunca os brindis!!!
 
 
Neste caso...parece que Ana non quere brindar!! Jejeje
 
 
 
E coma sempre...despois, deu tempo de xogar!!
 
 
E aquí temos o noso recipiente para a froita...que nos fai moita gracia...
e aínda comemos máis froita ca antes!!
 
 
Despois da merenda...sempre xogamos no recuncho da biblioteca o ratiño que sobra!!
 
 
E de súpeto, chegou o Nadal!! E xa andamos decorar a nosa árbore!!!
 
 
Ulises coa varita máxica...contando os que viñemos ao cole!!!
 
 
Durante a Asemblea, Ana contounos a lenda dos atrapasoños...
que atrapan os malos soños dos nen@s na tea de araña...e deixan solo os soños bonitos!!
 
 
Pero Elisa tamén descubriu outra faceta do atrapasoños...
facer cóxegas na cara!!!
 
 
E o mércores fixemos as nosas figuras navideñas...
que Elvira, a cociñeira, nos meteu no forno para endurecer!!!
 
 
Profe!! Mira unha L de Lidia!!!
 
E o xoves...comezamos coa Asamblea de novo!!!
 
 
Mateo trouxo a poesía dun indio que cantamos entre tod@s!!
 
 
E logo...de novo a merendar!!!
 
 
E á volta do patio...Elvira trouxo as nosas figuras do forno...
listas para pintar e decorar!!!
 
 
E despois de lavar os dentes e contar un contiño...
a desfrutar das merecidas vacacións!!!
Vémonos o luns!!!
Bicos e apertas

Despedindo Novembro

Holiii familias!!! Aquí estamos de novo para mostrar as nosas andainas semanais!!

Esta semana estivo chea de grandes emocións!!

Estade moi atentos e poderedes comprobalo!!!

Comezamos a semana recibindo un agasallo de Asier...
un penacho indio para cada un!!!!
 
 
Tamén fixemos un obradoiro de cociña...batido de kakis!!!
 
 
KAKIS...froita de outono...
 
 
Iogurt natural...
 
 
e moito cacao!!!
 
 
E para rematar pasamos todo pola batedora!!!
 
 
E como non...probamos o resultado final...invitando ao profe Diego para agradecer a súa axuda!!
 
 
Tamén utilizamos as nosas pegadas para facer o noso árbore de outono!!
 
 
Que quedou así de chulo!!!
 
 
Pero tivemos que facer un parón, xa que o mércores, recibimos unha visita moi divertida!!!
 
 
Un paiaso que nos deixou abraiados!!!!
 
 
Á volta, practicamos un pouco de psicomotricidade fina...
 
 
seguindo os puntos para construir flechas e tipis indios!!!
 
 
E rematamos as árbores de outono tamén!!!
 
 
E aquí vos presentamos ás bibliotecarias da aula...
 
 
 
repartindo contos para tod@s no carro da compra!!!
 
 
Mentres, outros constrúen granxas para os animais no xeoplano xigante!!!
 
 
E ata temos tempo de debuxar á profe!!!
 
 
Outro día, continuamos cós pasaportes!!
 
 
Primeiro a foto...e despois o nome!!!
 
 
Probando as letras magnéticas...profe que escribín aquí???
 
 
E por fin...chegou o día do urban planet!!!
 
 
Aquí podedes observar alguna foto de mostra...
 
 
pero noutra sección deste blogue...
 
 
poderedes desfrutar dun vídeo completo desta saída tan espectacular!!!
 
 
Jumping!!!
 
 
Parece que saltar...nos deixou esgotados!!!
 
 
E de súpeto...Ulises quixo contar un conto!!
 
 
E tod@s, moi atentos, escoitamos!!!
 
 
Pero, Carla tamén se animou!! E contou outro!!
 
 
Aquí está Ana contando os nen@s que fomos ao cole coa barita máxica!!!
 
 
Repartindo os manteles para merendar!!!
 
 
E aquí presentamos o noso recuncho novo...a mesa de experimentación natural!!!
 
 
Oink...oink!!!
 
 
E por último, a nosa ruleta das emocións...feita por nos mesmos!!!
 
 
 
Ata a semana que ven familias!!!!
 
Bicos e apertas!!!

Aniversario de Paula

 
Esta semana foi moi intensa...comezamos coa celebración do Aniversario de Paula que xa ten 3 anos!! Continuamos coa lectura do conto "A cadeira vermella...realizada por dúas alumnas de secundaria. e rematamos coa carreira solidaria, para festexar as dúas conmemoracións deste mes de novembro, o día Universal da Infancia e o Día Internacional contra a violencia de xénero.
E coma sempre, as nosas rutinas e novas andainas!!
Comezamos!!!!
 
 
Pauli dando as 3 voltas ao sol!!
 
 
Apertas con moito agarimo!!!
 
 
Pauliiii!! Imos bailarrrr
 
 
Unha, dúas e...tres!!!
 
 
A artista pintando o seu lienzo...
 
 
E comezan os preparativos...
 
 
Pintamos os nosos lazos morados!!!
 
 
E asistimos á presentación do conto da "Cadeira vermella"
 
 
Participando no xogo das "cadeiras"...
 
 

E entre toda a Tribu...conseguimos unha cadeira vermella para a nosa aula!!

 
 
Xefa india Elisa...
 
 
Ulises mostrando o seu libro sobre indi@s...
 
 
E...sorpresa!! Recibmos un paquete!!! Que haberá dentro!!!!
 
 
Un xogo de lòxica...
 
 
Entre medias...non podemos olvidar as tarefas de encargada...
 
 
e as rutinas de hixiene...
 
 
Pero logo retomamos a búsqueda!!
 
 
Letras e Números...Lupas para explorar!!!
 
 
 
 
 
Letras magnéticas!!!
 
 
E para xogo simbólico...un carriño para ir á compra!!!
 
 
E para continuar co proxecto...
 
 
Pintamos uns tipis de moitos cores!!!
 
 
E ás veces...ratiños de lecer cos contos da biblio!!!
 
 
E como todas as semanas...
 
 
practicamos co noso nome!!!
 
 
Pero tamén, esta semana...
 
 
para poder viaxar as disntintas civilizacións do proxecto...
 
 
preparamos os nosos pasaportes!!!
 
 
Na caixa sorpresa tamén había un dado...
 
 
 
para xogar na recta numèrica que puxemos no chan!!!
 
 
E aquí estamos preparados para a carreira solidaria...
 
 
para que tod@s os nen@s do mundo teñan unha cadeira na escola...
 
 
E en contra da violencia de xénero!!!
 
 
Ata a próxima semanaaaaa!!!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut