try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Orientación

PROXECTO CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE

 
O Departamento de Orientación e a Profesora da materia de Igualdade de Xénero, dentro do Progama “ 365 días de Igualdade” do Plan Proxecta avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers”, baseado na aprendizaxe servizo solidario ,  a través do departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*( Entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o uso seguro e saudable das tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, así como en todas as persoas involucradas na súa educación.). motivadas ademais,  polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes
É un proxecto intensivo que se realiza ao longo dunha semana e que consta de catro fases desenvoltas polo equipo de PantallasAmigas:
 


Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas horas consecutivas (Luns 29 de xaneiro, 2ª e 3ª hora todo o alumnado de 2º e 3º ESO).

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias. Dos cursos 2º e 3º ESO elixirase un grupo de voluntarios e voluntarias que recibirán 6 horas de formación específica en materia de xénero, así como de habilidades para a xestión de grupos e solución de conflitos. (Martes, 30 xaneiro 4ª e 5ª hora, mércores, 31 xaneiro 5ª e 6ª hora e xoves, 1 de febreiro a 4ª e 5ª hora. Só alumnado voluntario de 2º e 3º ESO, o resto quedará co profe na aula).
 

 Fase 3: Servizo en 5º e 6º de Educación Primaria: o grupo de voluntarios e voluntarias, acudirá ás clases dos seus compañeiros/as máis novos ao longo de dúas clases consecutivas a realizar unha formación teórico-práctica previamente preparada. (venres 2 de febreiro a 1ª e 2ª hora. Alumnado voluntario de 2º e 3º ESO e alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Fase 4: Sesión teórica para as familias do centro educativo. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha sesión conxunta coas súas familias, dirixida polo equipo de PantallasAmigas e o equipo de voluntarios e voluntarias (Aún sen data).

Programa TEI. Unha estratexia educativa para a mellora da convivencia

Foto de Virxe DA Cela Monfero.

O Equipo Directivo do CPI Virxe da Cela, co fin de mellorar a convivencia no centro, vai a desenvolver o curso 2017-2018 un programa de prevención do acoso escolar: Programa TEI. Titoría Entre Iguais. Para iso é moi importante a formación de toda a comunidade educativa, da que sodes unha parte fundamental. A próxima semana contamos co autor do programa, Andrés González Bellido (Mestre, Orientador educativo, Licenciado en Psicoloxía, e Catedrático en orientación), por este motivo, invitamos ás familias a participar na seguinte actividade:

 CHARLA: “Programa TEI. Unha estratexia educativa para a mellora da convivencia”.

PONENTE: Andrés González Bellido

DATA: 25 de abril de 2017

HORA: 20 horas

LUGAR: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Sala de usos múltiples)

Visita da Asociación Down Coruña

Membros da Asociación Down Coruña visitaron o Centro e impartiron charlas ás rapazas e rapaces de ESO e PCPI rompendo mitos sobre o síndrome de Down.

Visita da Asociación Down Coruña

Solicitude de reserva de praza para ESO e Bacharelato

Ata o 10 de abril está aberto o prazo para solicitar praza en Centros para estudar ESO e Bacharelato. Están obrigados a facelo todas as alumnas e alumnos de 4º de ESO e quen queira cambiar para outro Centro.

Probas para obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria

No DOG nº 55 do 20 de marzo aparece a Resolución que, entre outras cousas, establece o prazo de matrícula: do 20 ao 30 de marzo para o exame do 27 de abril e tamén o 3 e 4 de setembro paro o exame do 13. Para máis información  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120320/AnuncioG0164-150312-13581_gl.html 

Distribuir contido