Skip to Content

Educación Infantil

Ambientes outubro

 

 

Benvidos/as un curso máis ao blog de infantil!

Desde que comezou o curso demos a benvida a novos compañeiros e compañeiras de 3 anos e aprendimos a relacionarnos todos xuntos!as :)

Estamos completamente adaptados ás novas rutinas!!

 

En Outubro comezamos o traballo por ambientes, que tanto nos gusta

No ambiente de mates, lecto e ciencias este mes traballamos de xeito manipulativo a chegada do outono.

Na badexa sensorial xogamos a facer trasvases con lentellas e pasta de dinosaurio. Na zona científica puidemos observar coas lupas os elementos de outono e da natureza, pesalos, crear libremente e manipular para apreciar todas as súas formas e texturas.

Tamén puidemos crear na zona de lectoescritura os trazos na badexa de area, na mesa de luz ou crear os nomes dos dinosaurios con letras móbiles.

Na zona de lóxica contamos animáis, castañas, creamos figuras co Tangram e construimos cos policubos.

 

No ambiente de luces e sombras demos comezo o curso xogando con numerosos recursos.

Contamos co retroproxector e elementos do outono para plasmar na parede, tamén unha mesa de luz chea de café, landras, cucharas, pinceis, pinzas… coas que realizar diferentes manipulacións.

No espazo da luz negra contamos con materiais e xogos de construción especiais que brillan na escuridade e por último non podían faltar as cabanas que tanto nos gustan con xogos para buscar e adiviñar palabras e elementos do outono coa axuda das lanternas. Sen dúbida non nos aburrimos nadiña!

No ambiente de xogo simbólico e construcións, xa que nos atopamos no outono, estivemos a experimentar con dous minimundos ambientados nesta época, formados con herba, madeira, cogomelos, piñas e variedade de animais. Por outra banda, na zona de construción, creamos moitas edificacións ficticias con material de refugallo, como: tubos, anacos de madeira, pedras, cortizas… e logo empregamos outros recursos como: os policubos, pezas de madeira e plástico…Para rematar, na zona de xogo simbólico, non podía faltar o xogo na cociña, os bonecos, os coches e moitos disfraces, deixando renda solta a nosa imaxinación!

 

E rematando, no ambiente sensorial e artístico organizamos diferentes propostas vinculadas en gran parte coa estación do outono. Contamos cun espazo de pezas soltas (corchos, anacos de madeira, depresores de diferentes tamaños e grosores, chapas, pedras, piñas…) no que probar e experimentar coas diferentes posibilidades destes materiais. Tamén dispoñemos dunha zona na que poder pintar coas cores do outono e follas variadas que poder estampar; así como outro espazo destinado a construir coa axuda de arxila, paus, landras, noces e castañas. Xa fóra da aula empregamos a tuff-tray para experimentar cos sentidos, realizar trasvases, empregar os coladores e, en definitiva, para espertar a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas.

 


 

Ata a próxima, un saúdo!

 

 

Samaín 2023

 

Benvidos e benvidas!

 

Hoxe celebramos o Samaín no cole, pasámolo xenial!

Puidemos vir disfrazados e gozar cunha festa e cunha merendola deliciosas.

Na festa xogamos con arañas, telarañas, insectos, osos, ratos, máscaras, bailes, luz negra e cousas terroríficas!!

 

Despois tivemos a visita dun mago que fixo uns trucos xeniais e pola tarde degustamos unhas ricas castañas no Magosto :)

 

Aquí tedes o vídeo para ver que ben o pasamos

 

 

 

Ata a próxima!

REUNIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias.

 
Xa temos as pilas cargadas para comezar este novo curso escolar, confiamos en que pasarades un bo  verán cos vosos nenos e nenas.
 
Queríamos informarvos que a reunión de Educación Infantil será o xoves 7 de setembro as 11:30h, agardamos que poidades acudir.
 
Un saúdo. 
O equipo de educación infantil.

FIN DE CURSO 22/23

 

Ata aquí chegou o curso 22/23!!

Un curso moi intenso no que xogamos, coñecimos novos amigos e amigas, experimentamos, manipulamos, medramos… un montón de cousas!!!!

 

Hoxe tivemos a festa de fin de curso na que puidemos bailar, pintar, xogar ao Twister, fixemos xogos deportivos, pintámonos…

Gozamos moitísimo deste día!!

 

Tamén tivemos a graduación dos nosos compañeiros/as de 6º de infantil.

Para o ano comezades unha nova etapa en primaria, en infantil formáchedes uns lazos irrompibles que vos acompañarán ao longo da vosa etapa escolar, agora tócavos cambiar de etapa pero xamais esquezades todo o que xogamos e aprendimos en infantil medrando xuntos e xuntas.

Sempre teredes a porta aberta para volver a xogar con nós :)

MOITÍSIMA SORTE CHICOS/AS!!

 

Ademais, tócanos despedir a unha mestra moi especial e unha compañeira inmellorable, a profe Genma!

Marchas a outro cole onde seguro que te esperan novas aventuras e novos peques estupendos que terán moita sorte de contar contigo pero non esquezas que aquí tes sempre un lugar ao que volver visitarnos cando queiras, moitísimas grazas polo teu traballo e cariño, os peques e as túas compañeiras ímoste extrañar moito.

MOITA SORTE GENMA!!

 

 

 

 

Agora toca descansar e coller forzas durante o verán para volver coas pilas ben cargadas o próximo curso. Debemos xogar, ir á praia, á piscina, bailar e desfrutar en familia :)

Moitas grazas, familias, pola vosa participación e cariño durante todo o curso.

Desfrutade moitísimo do verán!!

Bicos e apertas das vosas profes

 

Novas experiencias con luz e auga

 

Ola familias, como vai todo?

No cole estamos aproveitando ao máximo estes últimos días do curso.

Xa queda pouquiño para despedir outro curso escolar.

Pero non sen antes, experimentar con novas sensacións e materiais.

 

Esta semana tivemos a oportunidade de ter no cole a Susa Herrera, cantautora, que nos ofreceu unha actuación musical moi rítmica con temática de animais.

Pasamos un rato moi agradable con ela, foi un fracer recibila no noso cole.

Rematadas co proxecto Donas de sí, cun contacontos sobre unha das mulleres que dá nome a unha das aulas do cole; Ángeles Alvariño. Ademais, tivemos a oportunidade de facer un retrato dela con axuda dunha ilustradora de contos.

Quedaron chulísimos!!

 

E xa o venres, experimentamos coa luz negra e tivemos unha sesión con xogos de auga.

O profe Dani trouxo unha proposta de luz negra cun montón de materiais fluorescente: plastilina, ceras, pintura, maquillaxe, gafas, pulseiras...

Dende aquí, queremos agradecer de novo a Dani polas propostas tan chulas que nos trae sempre. Moitísimas gracias Dani!!!

 

Logo desta sesión, grazas á profe Ruth, puidemos desfrutar dos xogos de auga.

Co alumnado de 1º EP divertímonos un montón.

Mil gracias por contar con nós, Ruth.

E pouco máis podemos contar, é mellor que o vexades.

 

 

 

Estades preparados/as para a festa de fin de curso?

Non queda nada!!

 

 

VISITAMOS MARCELLE!

 

Aquí estamos outro día máis para falarvos da excursión de fin de curso :)

Hoxe visitamos Marcelle!!

Alí puidemos ver todos os animais que rescatan en colaboración con diferentes asociacións: animais que proceden de laboratorios, circos, animais exóticos…

Encantounos coñecer e visitar burros, linces, lobos, raposos, bisontes, babuinos, lemures, tartarugas, pavos reais, cisnes, cebras…

Gozamos moito!

Para rematar a xornada almorzamos todos xuntos poñendo en común o que máis nos gustou ;)

Aquí tedes a mostra de todo o que puidemos ver, como sempre pasámolo en grande de excursión.

Estamos desexando volver!!!

 

 

 

Ata a próxima :)

Ambientes Maio

No mes de maio, no ambiente simbólico e constructivo, contamos con diferentes espazos nos que deixamos voar a nosa imaxinación para probar, explorar e experimentar.
 
 Por un lado, tivemos a oportunidade de experimentar con tuberías, manguitos, cables, bridas… de diferentes tamaños, formas e cores, o que nos levou a facer grandes percorridos e construccións con todos eles: descubrimos a viaxe do son dende un extremo ao outro da tubería para comunicarnos, tamén funcionaban como medio de transporte de pequenos obxectos, circuitos que atravesar…todo un abanico de posibilidades que foi posible grazas a súa creatividade! 
 
Para construir tamén dispuxemos de tablas de madeira e varios puntos de apoio cos que levantar torres e cidades. 
 
Na tuff-tray puidemos empregar as pezas soltas para desenvolver o equilibrio e a motricidade fina sobre cintas de distintas cores.
 
En canto ao simbólico, xogamos coas monecas e os seus accesorios, así como no espazo do supermercado e a cociña.
 
 No ambiente artístico e sensorial durante este mes centrámonos no traballo da primavera e da libre creación e expresión artística.
 
 Puidemos crear o noso propio mural vertical e horizontal tanto con témpera como con ceras brandas. Ademáis, coas acuarelas creamos os nosos cuadros debuxando flores e cores primaverais e coas pezas soltas decoramos libremente bolboretas, flores e todo o que se nos ocurriu.
 
 Na mesa sensorial experimentamos con Maizena e auga, parecía unha masa branda pero que cando golpeas vólvese dura e parece sólida!! 
 
Tamén xogamos coas cores primarias e estivemos experimentando coas mesturas, saíron moitas cores preciosas!!
 
 No ambiente de luces e sombras contamos con materiais e propostas xa coñecidas polos nenos/as como o retroproxector, o tipi, a cabana pequeniña, as mesas de luz…aos cales puideron dar diferentes usos empregando materias novidosos.
 
 Na mesa de luz contaron cos dinosaurios e diferentes “fósiles” dos mesmos, nas cabanas atoparon coxíns e lámpadas novas coas que crear historias fantásticas, e no retroproxector dispoñían de novos materiais como cordóns, teas, fios…cos que experimentar de xeito creativo. Sen dúbida non tivemos tempo a aburrirnos!
 
 No ambiente de lecto, mates e ciencia tivemos un montón de propostas.
 
 Na parte de mates había diferentes materiais para facer conteo e agrupacións, ben en bolsas ou en botes, logo para asignar obxectos coa grafía correspondente e finalmente empregamos o tangram para traballar a orientación espacial.
 
 Na parte de lecto tivemos oportunidade de traballar coa ruleta e a pizarra blanca, ao azar saían letras que tíñamos que grafiar ou ben inventar palabras que comezaran por ela. Aquí, cada un de nós facía algo distinto : nomes de nenos e nenas do cole, grafías de letras, debuxos… Tamén puidemos traballar con palabras dadas para buscar imaxes. Nesta última parte había variacións: colocar as palabras que comezaban igual, buscar as imaxes que tiñan obxectos nas que a primeira letra soaba igual...
 
 
 Na mesa de experimentación tiñamos materiais que pesaban máis como as pedriñas e outros que pesaban menos, os corchos. Observamos e experimentamos cales eran os que flotaban en diferentes recipientes : vasiños pequenos, na bandexa grande, dentro do tubo de ensaio… o que levaba a ter que encher e vaciar varios recipientes con axuda das xiringuillas Ademais, tivemos oportunidade de observar coas lupas e os vasos de observación a insectos que trouxemos do patio.
 
 
Ata aquí, xa queda menos para rematar a curso.
 
Estamos na recta final!!

Día da familia

A xornada de hoxe foi ben especial, tivemos a visita das nosas familias.
 
Celebramos o día da familia cunha actividade conxunta.
 
Obxectivo: CONSTRUÍR UN PUZZLE EN FORMA DE CORAZÓN 
 
Os catro grupos conseguiron traer as súas 11 pezas para completar o corazón.
 
 Descifraron pistas, superaron retos, traballaron en equipo, cantaron, fixeron un círcuito... 
 
Mil gracias por acompañarnos e celebrar o día da familia da mellor forma que sabemos, desfrutando dela.
 
 
 Aquí deixamos un resumo da xornada, coa intensidade da actividade non deu tempo a moito máis, pero vale a pena velo.
 
 Dádelle ao Play!!
 
 
 
MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR

AMBIENTES MARZO ABRIL

 

 

Benvidas de novo, familias!

Ímosvos contar o que fixemos este mes nos ambientes que tanto nos gustan!

 

No ambiente simbólico e constructivo tivemos diferentes propostas de xogo que xa coñecemos no noso rincón simbólico como a casita, animais, coches, cociña… e a maiores démoslle a benvida á primaveira. 

Contamos cun minimundo con insectos e cores primaverais, outro minimundo con dinosaurios de todo tipo e tamén xogamos con diferentes pezas de construción como pedras apilables e rollos de cartón de diferentes tamaños.

 

No ambiente artístico e sensorial contamos con diversas propostas coas que os nenos/as deixaron voar a súa imaxinación. 

         Na mesa sensorial dispuxeron de alimentos moi coñecidos por eles como sopa, lentellas e arroz, os cales puideron explorar en todas as súas dimensións empregando utensilios como coladores, embudos, botes de distintos materiais, culleres…

         Tamén tiveron a oportunidade de realizar obras de arte en “3D” empregando plastilina e paus de distintos tamaños, así como, sal e azucre para colorear con tizas e traballar a mezcla de cores . 

         Dispuxeron tamén dun espazo para pintar sobre distintos materiais, como papel continuo, cartón rugoso… empregando distintas técnicas, utensilios e materiais como témpera líquida e témpera sólida, pincéis, as propias mans… Sen esquecernos, por suposto, dos debuxos que realizaron con tiza e carboncillo cos que puideron traballar as distintas perspectivas dos obxectos entre outros moitos aspectos.

 

Por outra banda, no ambiente de lecto, mates e ciencia dispuxemos varios recunchos con diferentes actividades.

No primeiro deles contamos cun microscopio co que poder observar elementos naturais (cunchas, flores, pedras…), podemos facer mesturas con especias empregando as pipetas, pinzas embudes e, tamén, temos unha balanza. De todo isto, podemos rexistrar o resultado no papel ben empregando a escritura ou mediante o debuxo.

Noutro temos xogos de conciencia fonolóxica e para formar as palabras que máis nos gusten. Na mesa de luz podemos facer construcións con pezas de distintas formas xeométricas; e, no último recuncho, unha actividade de emparellar os insectos iguais, o Tangram e a de realizar series con depresores de distintas cores.

 

Por último, no ambiente de luces e sombras empregamos mesas de luces para dúas bandexas sensoriais, unha de auga e outra de area.

Co retroproxector puidemos experimentar con distintos materiais para siluetear, crear, repasar… había un montón de posibilidades.

Así como, creamos covas con construccións colgantes e cidades de cores.

 

 

 

 

 

 

 

Ata a próxima!!

 

Día do libro

 Ola familias, de novo polo blogue para contarvos a última visita a nosa escola, recibimos a Alba, unha contacontos espectacular.

O conto chámase " Esta é a miña flor" e versa sobre un esquío que coñece o bosque na estación da primavera. Parece que os cambios son tan grandes que o conto se cubre de maxia.

Esa maxia fixo que puideramos visitar fadas, plantar sementes, empregar variñas máxicas que nós mesmos elaboramos, corremos en busca de flores...foi moi divertido.

Sempre é un bo momento para ler un conto e máis se é tan especial como este.

Velaquí algunhas fotos da visita de Alba

 

 

 

 

 

 

 
Un pracer compartir a maxia dos contos todos xuntos.
 
Ata outra Alba.
 
Aburiño amigos!!
 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut