try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Orientación

CHARLAS FUTURO ACADÉMICO E PROFESIONAL

CHARLAS FUTURO ACADÉMICO E PROFESIONAL

 
    O alumnado a medida que vai avanzando na súa escolaridade vai tomando unha serie de decisións que van deseñando o seu camiño. Unha desas decisións é a que están a piques de tomar o alumnado de 4º de ESO: Que estudar cando remate esta etapa? Onde facelo? Xa teñen claras moitas cousas, pero aínda quedan pequenas incertezas. 
     Para solventar algunhas delas o Departamento de Orientación invitou ao profesorado do IES de As Mariñas e do IES Francisco Aguiar de Betanzos para que lles contaran en primeira persoa cal é a oferta de cada un dos seus centros.
 
 

Congreso Educa 2019

 
 

 

      O 22 de febreiro unha representación do alumnado de 3º e 5º de primaria, acompañado de Carmen Espiñeira (titora de 5º EP) e Magú (orientadora), presentaron unha comunicación no II Congreso Mundial de Educación. EDUCA 2019, que se organizou na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
 
 
 
 
 A comunicación levaba o título “A implementación do Programa TEI na etapa de Educación Primaria”. O alumnado titor cos seus titorandos explicaron a profesorado de moitos lugares diferentes a súa vivencia no Programa TEI: por que se anotaron como titores/as, como facer fronte a un conflito, que calidades ten que ter un titor/a e moitos aspectos máis que podedes consultar na presentación de PowerPoint. A experiencia, despois foi valorada polo alumnado como algo moi positivo, xa que, nas súas palabras, aprenderan o que é un Congreso, ao tempo que tiveron que lidiar cos seus medos e inseguridades. Aprenderon tamén que todos somos máis capaces do que pensamos, solo temos que propoñernos facer as cousas para que estas resulten. Por parte do profesorado tamén somos máis conscientes aínda de que o noso alumnado só necesita oportunidades para enfrontarse a novos retos e levalos a cabo con éxito.
 

Técnicas de estudo

 A estudar tamén se aprende!!

 
Estudar require esforzo a maior parte das veces. Porén, se eres capaz de dar sentido ao teu traballo, se comprendes por que merece a pena estudar, sentiraste mellor e terás éxito nos teus estudos.
 

Pero estudar non só significa pasar moitas horas diante dos libros ou apuntamentos e para ensinarvos diferentes “trucos” e estratexias que vos permitan ter éxito, Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do gabinete Eleeméntal, desenvolveu ao longo da semana do 4 ao 8 de febreiro un obradoiro de técnicas de estudo co alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º de ESO.
 

 

 

 

 

 

 


 
 
 
 
 
 
 
Aquí tendes un vídeo que vos resultará de gran axuda:
 
 
 
 

Quérote +

 

Este curso 2017-2018 desenvolvimos o programa Quérote+ co alumnado de 3º de ESO, dentro do Plan Proxecta, a través das horas de titoría coa finalidade de:
- Crear un espazo libre de prexuizos onde mozos e mozas puideran levar a cabo un diálogo aberto sobre sexualidade e relacións interpersoais.
-Reflexionar sobre a vivencia da sexualidade na adolescencia, os roles, a imaxe da sexualidade no noso entorno.
-Identificar os mitos e actitudes asociadas ás relacións de parella e sobre o amor.
-Valorar a diversidade como fonte de enriquecimento persoal e social e como un aspecto favorecedor da convivencia nos centros educativos.
Este é o produto final, esperamos que vos guste e que vos faga pensar!!

Preme na imaxe para ver o vídeo:



 

Cómo che gustaría que te traten?

 

 
O pasado 30 de maio Paloma, psicóloga de Asperga (Asociación Galega de Asperger) contou ao alumnado de 5º de primaria e de toda a ESO o que lles pasa as persoas con síndrome de Asperger:  teñen dificultades para expresar e identificar as emocións e para as relacións sociais, gustan da rutina e teñen unha intelixencia normal ou superior á media, entre outras cousas.
Para entender isto mellor, identificamos as nosas propias emocións e démonos conta de que a todos e a todas, teñamos ou non Asperger, gústanos que nos traten ben:
 
 

-      

Que me respecten.

-      

Que me respondan cando pregunto algo.

-      

Que non me traten como se fose invisible.

-      

Que se preocupen por min se me pasa algo.

-      

Que non me miren como se fose un “bicho raro”.

 

 

 

Obradoiro de prevención de drogodependencias

 

 

 A escola ten un papel importante á hora de fomentar nos adolescentes hábitos de vida saudables.
 
Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, co fin de desenvolver no alumnado a capacidade de asumir unha posición responsable ante o consumo de diferentes substancias e así poder adoptar libremente estilos de vida saudables, solicitamos a colaboración de Cruz Vermella de Betanzos, que durante catro sesións do mes de abril, o 3 e o 24, formou aos rapaces e rapazas de 2º de ESO sobre este tema.
Unha das actividades con máis éxito foi o “rosco de pasapalabra”.

 

 
 
 
 
 
 

Visita a FP Innova Galicia 2018

 

O 25 de abril visitamos o Congreso de Innovación na Formación Profesional que organiza a A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariana Cidade da Cultura de Galicia.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO puido gozar dunha magnífica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional a través da visualización en directo de diferentes proxectos de innovación e de proxectosempresariais de miniempresas que institutos de secundaria e centros integrados de FP puxeron en marcha.
 
Ademais puideron experimentar en primeira persoa as novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolven de robótica (robótica colaborativa), impresión 3D (montaxe e funcionamento de impresoras 3D), electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.
 
 
 
 
 
 

MESA DE EXPERIENCIAS

O pasado venres 6 de abril tivemos no cole unha actividade organizada polo departamento de Orientación: unha mesa de experiencias con exalumnos nosos para que compartiran a súa experienca unha vez deixaron o Virxe da Cela. Viñeron alumnos que xa están traballando como Lorena Varela, e outros que seguen estudando como Antonio González, estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Anaís Buyo, estudante de Educación Infantil, na Universidade da Coruña. E tamén algún que se acaba de ir como Ana Pena e Sergio García, que estudan bacherelato no IES As mariñas de Betanzos.

Todos eles compartiron cos alumnos de 3º e 4º de ESO a súa experiencia e aconselláronos en canto ao seu futuro. Para nós foi unha marabilla volver a velos e comprobar o ben que se defenden polo mundo adiante.

  
 
 
Lorena nos deixou este comentario:
Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos.
 
Un saúdo dunha rapaza con moita morriña!                                 
                                                                 Lorena Varela
 
 
 
 
 

 

 
 
 

 

 

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS

 

INSTRUCIÓNS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

 

 

r

Requisitos inscrición:

Alumnado que non esté en posesión do título de ESO e teñan 17 anos ou os faga no ano de realización da proba.

 

r

Presentación da solicitude:

Prazo de presentación de solicitudes: Do 12 ao 23 de marzo de 2018.

Poderase realizar de xeito telemático desde a opción “Solicitude web” disponible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas.

A aplicación informática xera unha instancia para imprimir que deberá presentarse nun centro de inscrición (calquera centro que imparta ciclos de formación profesional), xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

 

Opcionalmente, pódese cubrir o formulario normalizado en pantalla (Anexo I), imprimilo e presentalo nun centro de inscrición xunto coa documentación necesaria.

 

 

r

Estrutura e organización da proba:

 

Parte sociolingüística

Inclúe tres probas:

-      

Lingua Castelá

-      

Lingua galega

-      

Ciencias Sociais

Parte matemática

Consta dunha única proba:

-      

Matemáticas

Parte científico-técnica

Inclúe dúas probas:

-      

Ciencias da natureza

-      

Tecnoloxía

r

Celebración da proba:

Data: 31 de maio de 2018.

Horario:

-       

Presentación: 9:00 horas.

-       

Parte matemática e parte sociolingüística: das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

-       

Parte científico-técnica: das 16:00 ás 18:00 horas (tecnoloxía e ciencias da natureza).

 

 En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

 

Lugar: O día 15 de maio farase público o lugar onde se realizarán as probas.

 

Documentación para levar o día da proba:

-       

DNI

-       

Copia da folla da solicitude de inscrición

 

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

  • Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
  • Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.

 

r

Advertencia

·        

Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información, como por exemplo, teléfonos móbiles.

·        

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

 

 

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” do menú da páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

 

 

Visitas dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas

O mércores 21 de febreiro, viñeron a explicarnos do IES Francisco Aguiar de Betanzos, os diferentes itinerarios que o alumnado de 4º de ESO pode tomar unha vez remate a etapa.
 
O 5 de marzo foron o director do IES As Mariñas e a orientadora quenes explicaron a este mesmo curso a súa oferta educativa.
 

 

 
 
Animar ao alumnado de 4º de ESO a seguir investigando sobre as diferentes opcións para poder tomar unha boa decisión.

E lembrade que o prazo para reservar praza no bacharelato vai do 1 ao 20 de marzo
Distribuir contido