Este xoves 21 de decembro celebramos un ano máis o festival de Nadal.
Comezamos este marabilloso día coa visita de Inmaculada, gran traballadora que dedica moito tempo e cariño ao nosos amigos máis peludiños, desde a protectora de animais APADAN.
Como cada ano, quixemos axudar cun mercadiño solidario, onde os nenos e nenas crearon infinitas manualidades como adornos navideños, colgadores para as chaves e moitas cousas máis. Tivemos a sorte de contar tamén co material proporcionado por APADAN, como calendarios, camisetas, chapas, ...
Grazas a este traballo e á colaboración das familias e profesorado conseguimos, ao mercar tantos agasallos, recaudar 823,60€, destinados íntegramente a APADAN. Esperamos que estos animaliños pasen unhas mellores festas de Nadal e dende o CPIP Virxe da Cela, animámosvos a adoptar.
Sen máis dilación, xa tedes aquí todas as actuacións para que poidades velas de novo con máis tranquilidade e para todas esas persoas que non puideron asistir. Esperamos que vos guste o noso traballo que foi feito con moito cariño e esforzo.
Gozade vendo os fabulosos bailes, as marabillosas obras de teatro e as fantásticas panxoliñas, tanto coma nós gozamos facéndoas.
1. VÍDEO PRESENTACIÓN.
2. BAILE EDUCACIÓN INFANTIL - PESADELO ANTES DE NADAL. (BAILE)
3. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA - RUDOLF O RENO. (BAILE)
4. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - LOTERÍA DE NADAL. (OBRA DE TEATRO)
5. 2º EDUCACIÓN SECUNDARIA - ARTURO EN NADAL. (BAILE)
6. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - CRÓNICAS DE NADAL. (BAILE)
7. 1º + 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - PAÍS DA FANTASÍA (PANXOLIÑA)
8. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA - O GRINCH. (BAILE)
9. 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - O ELFO. (BAILE)
10. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - FOGARES DE NADAL. (OBRA DE TEATRO)
11. 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA - FROZEN. (BAILE)
12. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - REIS VS SANTA.(BAILE)
13. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - NOITEBOA PANAMEÑA. (PANXOLIÑA)
14. 3º + 4º EDUCACIÓN SECUNDARIA - SÓ EN CASA. (BAILE)
15. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - CONTO DE NADAL. (BAILE)
Ademais destas incribles actuacións, fixemos un concurso de imaxes de Nadal onde todo o alumnado recibiu un diploma por participar, xa que fixeron un traballo moi bonito.
Pero a clase gañadora deste ano foi: 4º Educación Infantil!!! Parabéns ao alumnado e a súa mestre. Queredes ver estas obras de arte? So tedes que facer click aquí.
E xa por último, rematamos este magnífico festival coa chegada das nosas Maxestades os Reis Magos. Lembrade: Hai que portarse ben que Papá Noel mais Eles están a botar unha ollada a todo o que facemos.
FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!