CPI Viaño Pequeno. Curso 2024-2025
CPI Viaño Pequeno. Curso 2024-2025
CPI VIAÑO PEQUENO. TRAZO TELF. 881 866 510 CPI.VIANO.PEQUENO@EDU.XUNTA.GAL |
ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia
O Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece na disposición adicional quinta que no cómputo do calendario escolar se incluirán os días dedicados ás avaliacións de diagnóstico de cuarto curso. O Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia establece na disposición adicional sétima que no cómputo do calendario escolar se incluirán os días dedicados ás avaliacións de diagnóstico de segundo curso.
Artigo 11. Probas de avaliación de diagnóstico
A aplicación das probas da avaliación de diagnóstico correspondentes a cuarto curso de educación primaria e a segundo curso de educación secundaria obrigatoria realizarase entre o 1 e o 11 de abril de 2025.
CONCELLO DE TRAZO
Conciliación NADAL 2024
OFERTA CULTURAL
CONCELLO DE TRAZO
MAGOSTO 2024-2025
CONCELLO DE TRAZO
CHARLA-COLOQUIO PARA AS FAMILIAS
Segundo se establece no artigo 7.3 da Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 24/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.
Estimadas familias,
Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello.
O mércores 30 de outubro celebraremos no centro o Samaín, este día o alumnado poderá vir disfrazado. Faremos un concurso de decoración de sombreiros de bruxa. Dende o mércores 23 ata o mércores 30 cada alumno poderá traer da casa o seu sombreiro decorado.
Esperamos a participación de todos os nenos e non queremos esquecernos das familias.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!
O mércores 30 de outubro o alumnado de ESO celebraremos o Samaín, este día pola tarde faranse unha sería de xogos e remataremos o concurso “DECORA A PORTA DA TÚA CLASE”.
Educación destinará 100.000€ a melloras no CPI VIAÑO PEQUENO. TRAZO.
AXUDAS CONCELLO DE TRAZO
Adxunto enlace da publicación das bases de material escolar para este curso 2024/2025
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/09/18/2024_0000006425.pdf
Menú COMEDOR mes de SETEMBRO 2024
IMPORTANTE: O 16 de setembro 2024 no teremos xornada escolar por ser FESTIVO LOCAL.
Informarlles que dende o 2 de setembro o CPI VIAÑO PEQUENO xa está ABERTO polo remate das vacacións de verán, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As clases reiniciaranse o 11 de setembro no horario habitual tanto para Infantil/Primaria e Secundaria.
Dende o 11 de setembro dispoñerán de transporte escolar en horario habitual.
Tamén dispoñerán dende ese día do servizo de comedor escolar en horario habitual.
PROMOCIÓN 4º SECUNDARIA
CURSO 2023-2024
Horario do centro
do 1 ao 24 de xullo 2024
9.30 horas a 13.00 horas.
A PARTIR DO 24 DE XULLO DE 2024 E ATA SETEMBRO ATENDEREMOS POR MAIL
cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal
AS FAMILIAS QUE FIXÉSTEDES A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO OU PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PODEDES PASAR POLO CENTRO A RECOLLELOS.
·
ENTREGA DE CHEQUES, ata o 24 de xullo, continuando coa entrega no mes de setembro
Recordámoslles que os vales deberán ser recollidos pola persoa solicitante identificándose co seu DNI ou ben poderá delegar a recollida noutra persoa que deberá identificarse e presentar a autorización pertinente.GRAZAS
LISTADO PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS
Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2024/25.
Pódese consultar, con Chave 365, na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
menú cidadáns > xestión de solicitudes > icona do libro.
O luns 01 de xullo de 2024 a mediodía, publicouse a Instrución que regula o transporte escolar para o curso 2024/25. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:
Como novidade salientable a Instrución recolle que os cambios de itinerario ou creación de novas paradas se realizarán mediante a utilidade de petición de paradas implementada para o efecto na aplicación de transporte escolar, polo que non haberá, esta vez, que cubrir o tradicional formulario ANEXO II
A/s familia/s que estiver/en neste caso, póñanse, por favor en contacto co centro educativo mediante correo electrónico cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal, achegando a seguinte información.
RUTAS TRANSPORTE (premer para visualizar)
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE MODIFICACIÓN DE TRANSPORTE, NOVAS PARADAS, ETC. NO CENTRO: VENRES 12/XULLO/2024
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 24-25
Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025.
Poderán desenvolver esta tarefa:
Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente:
As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar a súa solicitude na administración do centro ou enviala por correo-e a cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal antes do 1 de setembro de 2024.
As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade.
O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes.
Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2024-2025, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2024-2025, no documento adxunto.
SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR. CURSO 2024-2025
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025
O Comedor escolar do CPI VIAÑO PEQUENO está asumido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Funcionará todos os días da semana de luns a venres.
Están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2023), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Poden entregar o ANEXO II presencialmente no centro desde o 17 de xuño ata ata o 3 de xullo, ou por correo electrónico (cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro 2024.
No arquivo adxunto pode descargarse o ANEXO II
O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO
DE 2024
A Xunta de Galicia convoca a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 21 de xuño de 2024.
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es.
Máis información no DOG do 20 de maio de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros
COMEDOR MENÚ MES DE XUÑO
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE
TEXTO E SOLICITUDE DE AXUDA
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2024/25
A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
- Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de xuño de 2024.
- Forma de presentación:
·
No centro: Presentando o Anexo I e II debidamente cumprimentado.
·
Na sede electrónica: A través da aplicación fondolibros.
O prazo de presentación remata o 13 de setembro e a solicitude ten que facerse a través da sede do Ministerio de Educación.
Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido - Curso 2024/2025
Anuncio!
Dende esta semana xa está dispoñible a listaxe de alumnado admitido para o curso escolar 2024 - 2025 no noso centro educativo! Podes consultala no taboleiro de anuncios do edificio administrativo do centro.
Ademais, tamén podes acceder a través do aplicativo de admisionalumnado. Só necesitades o código de solicitude e o DNI da persoa solicitante para verificar o estado de admisión.
Lembramos que calquera consulta adicional pode ser dirixida á nosa oficina administrativa.
Acreditación competencia dixital alumnado
En base á resolución do 28/02/2024, para a acreditación de das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO, comunícase seguinte información relativa ao proceso de certificación, acreditación e matriculación nas probas que se programen.
Pódese ver o resumo da resolución presionando sobre o seguínte link.
Adxunto |
Tamaño |
ANEXO I - Solicitude certificación áreas nivel intermedio - 2º BAC.pdf |
80.81 KB |
80.54 KB |
|
|
|
81.69 KB |
|
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
Os días 10 e 11 de abril desenvolverase nos centros educativos de Galicia a avaliación de diagnóstico. Nos seguintes enlaces pódese atopar toda a información. Para o alumnado de 4º de Primaria e 2º ESO. Curso Escolar 2023-2024
- Páxina da Consellería de Educación
Enlace á Aplicación AdmisiónAlumnado
NORMATIVA DE REFERENCIA
ANEXO I (AUTOCOMPLETABLE)SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN E ITINERARIO DE TRANSPORTE ESCOLAR
SOLICITUDE
Presentarase unha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II
* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
1. Fotocopia do libro de familia completo.
2. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.
3. Informe médico.
4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.
5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.
7. Tres fotografías tamaño carné.
8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
Nota: Aínda que non teñamos dispoñibilidade de praza nalgún curso neste momento si poden realizar a reserva de praza neses cursos.
Premer na imaxe para máis información
Premer na imaxe para máis información
Asociación Mulleres de Trazo
Tal e como se recolle na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C), a Consellería de Educación vén de abrir o procedemento de Reserva de praza en centros adscritos. (ED550A)
Quen ten que facer este procedemento?
- O alumando do PAI de Trazo que vaia cursar 4º Infantil (3 anos) o curso 2024-25 no CPI Viaño Pequeno. Trazo. (Prazo do 1 o 20 de marzo )
-O alumnado de 4º de ESO do CPI Viaño Pequeno que o curso 2024-25 vaia cursar 1º de BACH no IES Xelmirez II. Aquel alumnado que non queira facer o Bacharelato neste centro, terá que facer un procedemento diferente (procedemento de Admisión ED550B, do 1 ao 20 de marzo).
Cal é o prazo de presentación?
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.
Que documentación teño que presentar?
Únicamente o Anexo I- ED550A.
Como fago para presentala?
Temos dúas opcións:
Neste caso, presentarase cuberto:
O alumndo do CPI Viaño Pequeno/ Centro Social PAI de Trazo.
PLAZAS DISPOÑIBLES PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
4º INFANTIL ( 20 PRAZAS )
5º INFANTIL (0 PRAZAS )
6º INFANTIL (4 PRAZAS )
1ºPRIMARIA ( 5 PRAZAS )
2º PRIMARIA (0 PRAZAS ).Pendente de desdobre
3º PRIMARIA ( 2 PRAZAS )
4º PRIMARIA (0 PRAZAS ).Pendente de desdobre
5º PRIMARIA ( 7 PRAZAS )
6º PRIMARIA ( 6 PRAZAS )
Os Reis Magos visitan o CPI VIAÑO PEQUENO
VIII CERTAME DE NARRACIÓN BREVE MESTRE MANUEL GACIO
CATEGORÍA B:
1º PREMIO: Un samaín especial, de Lucía Viqueira Vieites
2º PREMIO: O paseo ao Pico Sacro, de Álex Rey Brea.
FESTIVAL NADAL 2023
PREMER NA IMAXE
PARA VISUALIZALA EN GRANDE
CAMPAMENTOS DE NADAL
CONCELLO DE TRAZO 2023
O CPI VIAÑO PEQUENO. TRAZO incorpórase ao proxecto EDIXGAL no curso 2022-2023 en 5º e 6º de Primaria e no presente curso 2023-2024 en 1º ESO
O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (novos dispositivos convertibles de 12 polgadas que funcionan como ordenador ou como tablet) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, mais apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse no século XXI.
Por que consideramos que é bo o proxecto EDIXGAL para o noso alumnado?
Como todos sabemos, unha parte cada vez mais grande da actividade tanto privada como laboral dos cidadáns de hoxe en día desenvólvese a través das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Iso fai que perdan importancia os coñecementos memorísticos (estas novas tecnoloxías permítennos acceder en poucos segundos a unha grande cantidade de información actualizada) e, en cambio, adquiren unha importancia fundamental outras habilidades e destrezas como son o propio manexo dos recursos TIC ou a capacidade para seleccionar, analizar e procesar a información a través deses medios TIC.
De igual maneira, as características da sociedade civil e do ámbito laboral do século XXI requiren persoas con competencias adecuadas ao novo escenario. Deste xeito, o cidadán e traballador actual debe ser competente nos seguintes aspectos, entre outros:
Esta nova situación a nivel social e laboral require tamén unha adaptación por parte do sistema educativo co fin de educar e formar aos xoves nas competencias que van necesitar. Esa adaptación pasa por:
O proxecto EDIXGAL nace coa intención de facer posible toda esta transformación do proceso educativo ao canalizar o proceso de ensino-aprendizaxe a través das tecnoloxías da información e da comunicación. En relación cos tres puntos anteriores, satisfacer o primeiro deles e facilita enormemente a consecución dos outros dous.
Outras vantaxes de EDIXGAL:
- Libros dixitais gratuítos para as materias integradas en EDIXGAL.
- Menor peso da mochila do alumnado, que transportará un lixeiro ordenador en lugar dun conxunto de libros.
- Favorece a equidade social:
- Mellora a calidade educativa:
Que materias están integradas no proxecto E-DIXGAL 1º ESO no CPI Viaño Pequeno. Trazo (2023-2024)
1º curso de ESO |
|
En todas as materias integradas en E-DIXGAL utilizaranse libros dixitais e outros recursos, todos eles gratuítos. Nas materias que non se acollen a E-DIXGAL continuarase a utilizar os libros de texto en papel como ata o de agora.
En que consiste o proxecto EDIXGAL, máis polo miúdo?
No sitio temático sobre E-Dixgal que se atopa dentro de Espazo Abalar podemos acceder á información actualizada que ofrece a Consellería de Educación sobre o proxecto.
IMPORTANTE!!!!!
PROCEDEMENTO DE PAGO DOS RECIBOS DE COMEDOR
Estimadas familias: A partir do mes de outubro, aquelas familias que pagan o comedor escolar, xa terán dispoñible o recibo correspondente ao mes de outubro no espazo abalar. Para acceder ao espazo abalar deberán dipoñer de certificado dixital ou chave 365. Como sabedes o pago do recibo do comedor escolar pódese facer presencialmente nas oficinas bancarias, telemáticamente a través da web de facenda e tamén telemáticamente a través do espazo abalar (non da aplicación Abalarmóbil) Para a xestión administrativa do centro é preferible o pago a través deste último medio (espazo Abalar) porque deste xeito recibimos automáticamente o xustificante de pagamento e as familias non teñen que envialo. Do mesmo xeito, tampouco enviaríamos nos o recibo a través do alumnado co conseguinte aforro de recursos que iso supón. Adxuntamos un documento cos pasos a seguir. Aquelas familias que o curso pasado pagaban o recibo de comedor por esta vía xa non recibirán os recibos en papel. Agradecemos de antemán a súa colaboración O equipo directivo |
INICIAMOS O NOVO CURSO ESCOLAR 2023-2024
1 DE SETEMBRO DE 2023
O 11 de setembro comezan as actividades lectivas
O horario de entrada e saída ao centro será o habitual
Unha homenaxe aos nosos músicos, antigos alumnos/as do centro
Concerto de Faíscas da Pontraga
MOI IMPORTANTE:
Nota aclaratoria para o alumnado de 1º da ESO
Na ESO do Centro convive o ensino virtual, representado polo Proxecto E-Dixgal, co ensino con libro de texto ou materiais impresos.
Tal e como figura na listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024, que está publicada nesta páxina web os alumnos/as terán libro físico nas materias de (Matemáticas, Inglés, L. Galega, L. Castelán e Relixión) o reparto do banco de libros dispoñibles farase en función da concesión ou non dos vales de material escolar, no mes de setembro.
FONDO LIBROS:
Rematados os prazos correspondentes, o MARTES DÍA 18 de xullo, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 10 de maio de 2023. Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de PRIMARIA 2º, 3º e 4º ESO.
Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro.
Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.
VALES DE MATERIAL E LIBROS:
A partir do martes día 18 de xullo, pódese pasar a recoller os vales de material escolar e de libros concedidos no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Orde do 10 de maio de 2023).
Estes vales entregaranse ás familias na secretaría do centro
en horario de mañán (9:30h a 13.00 h.)durante o mes de xullo ou a partir do 1 de setembro.
Días previstos de recollida de vales:
Martes dia 18 de xullo: Entrega de vales de libros e material
para 1º e 2º de Primaria.
Mércores día 19 de xullo: Entrega de vales de material para 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria.
Xoves día 20 de xullo: Entrega de vales de material para 1º, 2º, 3º e 4º ESO
Estas axudas serán entregadas aos pais/nais ou no caso de delegar noutra persoa deberá traer unha autorización asinada.
Atópanse publicadas na aplicación fondolibros e no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte de conserxería) as listaxes provisionais do fondo de libros para o alumnado de primaria e de ESO do ano académico 2023/2024. .
Ao alumnado que aparece nas listaxes, entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.
Poderán desenvolver esta tarefa:
Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número
suficiente:
As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar a súa solicitude na administración do centro ou enviala por correo-e a cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal antes do 8 de setembro de 2023.
As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade.
O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes.
Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2023-2024, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2023-2024, no documento adxunto.
INSTRUCCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024
SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR. CURSO 2023-2024
Nos arquivos adxuntos tedes o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar.
Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.viano.pequeno@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor.
Aclaracións autodeclaración comedor.
Curso 2023/2024
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Forma de presentación:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
Sede electrónica da Xunta de Galicia
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
RECORDAMOS: 5º - 6º DE PRIMARIA TEÑEN E-DIXGAL. NON TEÑEN LIBROS
RECORDAMOS: 1º ESO TEÑEN E-DIXGAL. NON TEÑEN LIBROS
LETRAS GALEGAS 2023
Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información:
DÍA: "ROSALÍA DE CASTRO"
Entroido 2023
Día escolar pola PAZ e NON violencia-2023
1º TORNEO NADAL - FÚTBOL GAÉLICO
CPI BOQUEIXÓN – CEIP URDILDE – CPI VIAÑO PEQUENO
CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2022
Este é o vídeo que gañou o concurso proposto polo Concello para o 25 N. É de Sara Gómez de 3° A
No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € recibirán un vale adicional de 25 €.
Polo tanto, as familias beneficiarias no mes de xuño do cheque de material de 50 €, poderán pasar polo centro en horario de secretaría, desde o martes día 18 a recoller outro cheque por valor de 25 € que deberán empregar preferentemente antes do día 1 de decembro de 2022.
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23
INFORMACION:
Pode consultar as bases e descargar as solicitudes no seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/09/16/2022_0000005658.pdf ou na oficina dos Servizos Sociais do Concello de Trazo
PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
Dende o 19 de setembro ata o 17 de outubro de 2022
Información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal
Neste curso 2022-2023 o CPI Viaño Pequeno.Trazo terá implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria. Isto implica que o alumnado destes niveis dispoñerá dun ordenador persoal e do acceso a contidos dixitais na contorna virtual de aprendizaxe EVA E-Dixgal.
Toda a información referente ao proxecto está dispoñible neste enderezo web. É moi importante que as familias consulten o apartado "Información para as familias", do que cómpre destacas as seguintes cuestións:
Condicións de uso
No acordo de cesión detállanse as condicións de ás que está sometido o préstamo do ordenador persoal do alumnado, que resumimos a continuación:
O ordenador só se poderá empregar para estudar e realizar tarefas encargadas polo profesorado. Ademais, non poderá cederse a outras persoas.
Non se poden realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado nel.
O alumnado debe traer a batería completamente cargada todos os días.
O ordenador devolverase ao rematar o curso e cando o centro o solicite se fora necesario.
O ordenador poderá ser inspeccionado en calquera momento para constatar o seu estado.
Resolución de incidencias e seguro opcional
No caso de se producir unha incidencia relacionada co ordenador persoal dos alumnos, deberá notificarse o antes posible ao centro ou ao Soporte Premium. En relación con isto, cómpre ter en conta o seguinte:
Desde o centro recomendámoslles ás familias a contratación deste seguro, xa que a reparación dalgúns compoñentes ten un custo moi superior aos 49 € (por exemplo, a reparación dunha pantalla rota pode supoñer uns 400 €).
Se precisan máis información, poden poñerse en contacto co centro ou co Soporte Premium. Neste último caso, o servizo está dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana, a través das seguintes canles:
Escolas Deportivas Municipais de Verán (5º, 6º de primaria e 1º, 2ºde ESO) e dos Campamentos de Verán (Infantil e Primaria).
ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.
Os alumnos/as que o próximo curso 2022-2023. cursarán 5º e 6º de Primaria no centro estarán incluídos dentro de dito Proxecto Educación Dixital
(E-DIXGAL)
BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDANTES
O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.
Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.
Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos, desde as evidencias que amosan que os centros educativos son espazos seguros. Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora, insistindo no uso axeitado da máscara para persoas de 6 ou máis anos e a ventilación cruzada de acordo ás pautas do protocolo.
A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros. Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.
En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.
RESUMO EN IMAXES
1 º TRIMESTRES Curso 21-22
FESTIVAL DE NADAL
21 DE DECEMBRO 2021
Documentación familias principio de curso
DESCARGAR ARQUIVO PARA CUBRIR
Os exames de setembro faranse (polas obras no centro)no edificio de secundaria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MENÚ SETEMBRO 2024 - 2025 (2).pdf | 411.52 KB |
TR004-Alumnado_por_parada_nas_rutas_do_centro_2409111448_89005211-949b-4ed1-a111-27214eb4316b.pdf | 187.01 KB |
MENÚ OUTUBRO 2024 - 2025 (2).pdf | 182.46 KB |
MENÚ NOVEMBRO 2024 - 2025.pdf | 453.23 KB |
Nova Ruta bus .pdf | 353.39 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
MANUAL Abalar Móbil
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |