UNIVERSO, VOLCÁNS E RECICLAXE...SEMANA CHEA DE VISITAS

Esta semana as sesións de Ciencias Sociais de 1º, 2º e 3º estiveron cheas de visitas. Estamos traballando co Universo e co coidado do medio ambiente, polo que fixemos maquetas de constelacións, do sistema solar, das capas da terra,... algo por certo moi importante para entender o funcionamento dos volcáns; pero para axudarnos o profe Gabriel levounos ao laboratorio onde puidemos experimentar cos volcáns submarinos que xeneran illas nos mares e océanos e coas explosións de volcáns que forman coladas de lava que van cambiando a nosa xeografía. 
Tamén nos visitou Laura de 6º xunto coa profe Bea que nos explicaron a importancia das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) ademais de poñer en práctica a separación do lixo para unha correcta reciclaxe.