SAÍDA Á QUEIXERÍA ARTESÁ O CASTELO

No medio duns días de choiva constante, tivemos unha pequena tregua, que nos serviu para ter o tempo xusto para visitar a Queixería artesá que temos no pobo "O Castelo", coas profes Bea e Rocío baixamos 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Primaria. Todo o que nos contou foi de gran utilidade para os temas de sociais que estamos traballando en 1º, 2º e 3º en Sociais xa que, cos nosos ollos comprobamos como as máquinas que usan son sinxelas, todo o proceso depende do ser humano, cada produto é único (en sabor, forma, etc.) e irrepetible. Adrián, o fillo de Suso fundador de queixería, tamén nos ensinou instrumentos que tradicionalmente se usaron para facer o queixo do Cebreiro e nos invitou a un aperitivo antes de comer para coller forzas de regreso ao cole.