CONTACONTOS DE KALANDRAKA E COMIDA NA FEIRA DE PEDRAFITA


O martes 21 de maio tivemos unha xornada especial. Empezamos coa sesión de contacontos de Kalandraka na que nos acompañaron os rapaces e rapazas de As Nogais. Contábamos con contos como Elmer e os Os esqueletes divertidos pero, coma sempre, sorprendéronnos cunha chea de historias e aventuras que fixeron que a hora se nos pasase voando. Despois tivemos unha merenda moi especial para compartir todos e todas xuntas/os antes de despedirnos, xa que aínda nos quedaba por baixar á Feira de Pedrafita para poder comer unha boa ración de pulpo e de postre... xeados! Tamén tivemos un ratiño de xogo antes de regresar a traballar un pouco máis.