MAGOSTO 2018

Este venres 16, un pouco máis tarde do habitual, celebramos o Magosto. A espera mereceu a pena porque contamos coa presenza de XOTRAMU no cole que nos organizou unha xornada de xogos populares, case todos descoñecidos para nós, e que serviron para pasalo xenial e para aprender sobre o pasado e os xogos dos nosos avós e avoas. Moitas grazas pola vosa visita e polo ben que nos tratastes. Coma sempre os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO asaron as castañas coa colaboración de toda a rapazada de Secundaria que organizou o espazo e todo o necesario para poder degustar as castañas cos profes e familias a partir das 16 horas. Ademais este ano puidemos desfrutar do acompañamento musical de Javi e Julián, guitarra e acordeón en man! Que sorte a nosa!