FESTIVAL 2018: SESIÓN VERMÚ, ESTRENO LOCAL DE "DENDE O NOSO" E MOITOS BAILES.

 
As nosas fantásticas presentadoras Carla e Jessica deron inicio ao Festival de despedida do curso 2017-18, un curso cheo de cine, no que creamos un documental que presentamos antes en Madrid e A Coruña pero non podía quedar Pedrafita sen un estreno á altura do que merecía "Dende o noso", xa que sen o lugar no que vivimos cada día non habería inspiración para a nosa película. Fíxonos moitísima ilusión contar coa presencia de parte dos protagonistas, coma os avós de Paula ou Santín. Que gran sorpresa!!
Como cada ano, Javi preparou cos rapaces de 3º e 4º de ESO unha peza teatral, na que este ano fixeron un pequeno "cameo" as rapazas de 1º ESO no prólogo. "Sesión vermú" fíxonos rir ao longo de 5 actos nos que os Itziar, Vanessa, Jacobo, Rubén, Pablo e Martín deixaron o mellor deles.
Nos descansos contamos coa animación dos rapaces de Infantil que cantaron e bailaron acompañados pola profe Marta "Color esperanza". En primaria a profe Sonia preparou unha canción escenificada coa clase de 1º a 3º "Five little monkeys" e unha actuación estelar coa clase de 4º a 6º. Os alumnos e alumna de 2º e 3º de ESO en compañía do profe Javi fixeron as delicias dos nosos oídos coas flautas e guitarra.
Aquí quedan os vídeos de actuacións seguidos polos 5 actos de "Sesión vermú".

 Como o CPI Uxio Novoneira aínda non se apuntou á nova corrente de actos de graduación, tiñamos que despedir como se merecían aos rapaces de 4º cun vídeo dos mellores momentos ao longo de 13 anos no cole. Moitísima sorte rapaces e rapazas!