Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2018/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. 

CONVOCATORIA CURSO 2018-19

Prazo de presentación das solicitudes:  Estará aberto ata o 12 de xullo de 2018.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2018.
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Prezo: 

a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Documentación para a presentación

 

  • Solicitude segundo o Anexo I acompañada da seguinte documentación:
    • a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente á data de presentación da solicitude.
    • b) Título de familia numerosa: copia do titulo de familiar numerosa cando non fose expedido en Galicia.
    • c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.
    • d) Certificación de Facenda de non ter obriga de declarar, de ser o caso No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.